Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Barranquismo en Pirineos 2019

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 2 Agosto
Finaliza: 5 Agosto
Categoría:

Actividade de barranquismo previa a actividade de Montaña e Sendeirismo da seguinte semana. Aproveitaremos para realizar barrancos pola zona de Pallars Sobirá e o domingo continuar ata Andorra para a seguinte actividade.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 17 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Actividade compatible coa da seguinte semana https://www.clubalpinoourensan.es/actividade/pirineos-2019/

Cámping

O cámping é o camping Càmping l’Orri del Pallars, na zona de Pallars Sobirá

Contacto cámping:

Dende o club reservamos a zona de acampada

 

Información técnica

Requisitos: Ter experiencia e ser autosuficientes nas maniobras de descenso de cañóns.

Material recomendado: Neopreno completo de barrancos, casco, escarpíns, arnes, descendedor, cabo de ancoraxe, saca ou mochila de barrancos, bidón estanco, zapatillas de barrancos, roupa para cambiarse. Material de camping.

O club dispón de cascos, descendedores etc, pero non ten neoprenos.

 

 

Propostas

Propoñemos utilizar o xoves día 1 como día de viaxe, e comezar a realizar barrancos o venres, sábado e domingo.

Entre as actividades propostas, que poderán variarse en función das condicións meteorolóxicas, están os seguintes.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón