Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Bicicleta infantil polo Baixo Miño (Valença do Miño a Vilanova de Cerveira) 18 setembro

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 18 Setembro
Categorías: ,

Infantil de BTT no Baixo Miño para o vindeiro 18 de setembro: Actividade: Bicicleta infantil polo Baixo Miño (de Valença do Miño a Vilanova de Cerveira) Distancia: 20 Kms Hora de saída: 11:00h Lugar: enviarase ao grupo que se cree unha vez rematada a inscrición * Hai posibilidade de pernocta para facer outra actividade o…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Infantil de BTT no Baixo Miño para o vindeiro 18 de setembro:

Actividade: Bicicleta infantil polo Baixo Miño (de Valença do Miño a Vilanova de Cerveira)
Distancia: 20 Kms
Hora de saída: 11:00h
Lugar: enviarase ao grupo que se cree unha vez rematada a inscrición

* Hai posibilidade de pernocta para facer outra actividade o domingo.
Consensuarase co grupo e dependerá das condicións climatolóxicas.

Material recomendado:
Bicicleta, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:
FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Coordinador actividade: Manuel Cruz

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón