Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Bicicleteando por Ourense

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 30 Novembro
Categoría:

BICILCETADA POLO PASEO DO MIÑO EN OURENSE: Actividade promovida pola sección infantil pero aberta a todo aquel socio que nos queira acompañar. Percorrido do coñecido paseo do Miño en bici dende Oira. Ruta circular de aproximadamente 12 km. sen desnivel reseñable. Data límite para a inscripción  Mércores día 20 de novembro no local do clube…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 20 de Novembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

BICILCETADA POLO PASEO DO MIÑO EN OURENSE:

Actividade promovida pola sección infantil pero aberta a todo aquel socio que nos queira acompañar. Percorrido do coñecido paseo do Miño en bici dende Oira.

Ruta circular de aproximadamente 12 km. sen desnivel reseñable.

Data límite para a inscripción 

Mércores día 20 de novembro no local do clube ou ou través da web ata o 27 de novembro..

Información útil

Comezo (lugar, hora…):
Sábado día 30 de novembro ás 11:15 na Aula da Natureza en
Oira – Ourense
Transporte:
Cada quen chegará o punto de encontro no seu propio medio
de transporte.
Material recomendado:
Mochila con algo de comer e beber, bañador e toalla por se
nos prestase dar un baño no camino nas termas

Requisitos para participar:
Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa
vixente para esta actividade.
Prezo 
Gratis para socios. Non socios necesario pagar cota trimestral
e seguro de día en caso de non dispoñer de licencia en vigor.

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón