Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Brindis e pinchos do Nadal

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 20 Decembro
Categoría:

Como ven sendo habitual, despedimos o ano no local do club cun brindis para celebrar o ano 2019 e a chegada do 2020. Quedas convidado o venres 20 de Decembro o remate da Asamblea Anual no local para celebrar esta tradicional despedida…


Como ven sendo habitual, despedimos o ano no local do club cun brindis para celebrar o ano 2019 e a chegada do 2020. Quedas convidado o venres 20 de Decembro o remate da Asamblea Anual no local para celebrar esta tradicional despedida. .


Despois desta festa o club permanecerá pechado ata o mércores 8 de xaneiro de 2020, no que retomaremos as actividades de xeito habitual.
Feliz Ano Novo!

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón