25/10/20 RUTA BTT CIRCULAR POLA RÍA DE AROUSA CIRCULAR / ±45 KM / 120m DESNIVEL ACUMULADO/ NIVEL INICIACIÓN Data límite para a inscripción: 21/10/20 Información útil Comezo (lugar, hora…):11:00 a.m. CAMBADOS (PARKING CAMBADOS 42.512, -8.818) Finalización sobre as 19:30 Material recomendado: CASCO / GAFAS / GUANTES / CORTAVENTOS E ROUPA ADECUADA A MÉTEO. Cámara reposto…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 21 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
25/10/20 RUTA BTT CIRCULAR POLA RÍA DE AROUSA
CIRCULAR / ±45 KM / 120m DESNIVEL ACUMULADO/ NIVEL INICIACIÓN
Data límite para a inscripción: 21/10/20
Información útil
Comezo (lugar, hora…):11:00 a.m. CAMBADOS
(PARKING CAMBADOS 42.512, -8.818)
Finalización sobre as 19:30
Material recomendado:
CASCO / GAFAS / GUANTES / CORTAVENTOS E ROUPA ADECUADA A MÉTEO.
Cámara reposto para a vosa roda
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Información técnica
NA CIRCUNVALACIÓN DA ILLA INCLUIREMOS TAMÉN O PARQUE NATURAL DE CARREIRÓN NO SUR DA ILLA O QUE FARÁ QUE NOS VAIAMOS A UNHOS 45 KM APROX. CON POUCO MÁIS DE 100M DE DESNIVEL ACUMULADO.
Descripción da ruta
DEIXARÉMOLOS COCHES NO PARKING DE CARAVANAS DE CAMBADOS (UNHA ILLA NO MEDIO DO PORTO) E ENLAZAMOS CON CARRIL BICI E PASEOS MARÍTIMOS ATA CHEGAR AO MUIÑO DE MAREAS DA SECA:
DENDE ALÍ IMOS A PERCURA DA COSTA CON UN PAR DE KM. DE CAMIÑOS E CARRETERAS COMARCALES. UNHA VEZ CHEGADOS SEGUIMOS POR CARREIROS A MESMA BEIRA DO MAR POR ATA ENLAZAR CUN PASEO MARÍTIMO QUE NOS LEVA ATA O A PONTE DA ILLA. CRUZARÉMOLO POLO CARRIL BICI E XA NA ILLA COMENZAREMOS A CIRCUNVALACIÓN ANTIHORARIA DA MESMA CON UNHA PARADA PA XANTAR NA “TAPERÍA A CHABOLA” CON UNHOS BOCATAS QUE METEN MEDO . ESTAMOS XA NA PUNTA DO AGUIUNCHO NO PORTO DO XUFRE.
ENLAZAMOS DENDE AQUÍ CAMIÑOS DE TERRA A BEIRA DO MAR QUE VANNOS LEVANDO POR UNHA SUCESIÓN DE PEQUENAS CALAS ATA O FARO DO CABALO
VEN AGORA A ÚNICA SUBIDIÑA DA XORNADA (40m O PUNTO MAIS ALTO) PARA SUPERAR UN OUTEIRO E CAEMOS DE NOVO A UNHA SUCESIÓN DE PRAIAS E CALAS POR CARREIROS E PISTAS PECHADAS AO TRÁFICO.
DE EIQUÍ CHEGAMOS A PARTE DE ATRÁS (POUCO TURÍSTICA) DA ILLA QUE CONSERVA TODO O ENCANTO DO PORTO PESCADOR E SEGUIMOS ENLAZANDO CAMIÑOS E ALGUNHA QUE OUTRA CARRETERA POUCO TRANSITADA POR TODA A COSTA. CHEGAREMOS AO PARQUE NATURAL QUE PERCORREREMOS NAS BICIS. ESTA É UNHA ZONA QUE SE PASA POR PISTA DE TERRA INVADIDA OCASIONALMENTE POLA AREA. AO AMPARO DA PROTECCIÓN NATURAL MANTENSE VIRXE DE EDIFICACIÓNS E TRÁNSITO. SÓ BICIS E PEATÓNS TEÑEN ACCESO FRANCO.
VOLTAMOS A PONTE POLO PASEO MARÍTIMO DA ZONA MÁIS TURÍSTICA DA ILLA, QUE RESULTA MOI AGRADABLE AO ESTAR FORA DE TEMPADA.DE ALÍ A CAMBADOS POLA MESMA RUTA DA IDA.
SE TEMOS TEMPO,GANAS E O PERMITE O COVID, PODEMOS VISITAR CAMBADOS QUE PAGA A PENA COMO CIDADE MONUMENTAL QUE É ADEMÁIS DE CAPITAL DOS FURANCHOS E ALBARIÑO: PRAZA E PAZO DE FEFIÑÁNS, PARADOR NACIONAL, TORRE DE SAN SADURNIÑO…
DIFICULTADES TÉCNICAS: INEXISTENTES.
QUE NON NOS CONFUNDA A KILOMETRAXE. ESTA PROPOSTA É UNHA BONITA RUTA DE INICIACIÓN QUE DISCURRE MAIORITARIAMENTE POR CAMIÑOS E PISTAS CON BO FIRME E SEN TRÁFICO RODADO.
O NULO DESNIVEL EXISTENTE E O CARÁCTER CICLOTURISTA QUE DAREMOS A RUTA -IREMOS PARANDO CONTINUAMENTE PARA DISFRUTAR DA PAISAXE QUE BEN O MERECE- FAI QUE SÓ A METEO PODA DESLUCIR A XORNADA. XOGA AO NOSO FAVOR O FAGUELA FORA DA TEMPADA TURÍSTICA.
DUREZA: INICIACIÓN, MOI ASEQUIBLE.
A CHUVIA, O NORDÉS OU A INVASIÓN DE AREA NALGÚN CAMIÑO PODE DIFICULTAR ALGO ALGÚN TRAMO.
PARA UN PERCORRIDO QUE PODE FAGUERSE SEN PROBLEMAS EN MENOS DE 3 HORAS SE FORAMOS RODAR EN PLAN DEPORTIVO, APROVISIONAMOS UNHAS 6-7 HORAS PARA PODER DISFRUTAR A FONDO DESTE RECUNCHO ESPECTACULAR DAS NOSAS RÍAS.
Prazas limitadas
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión