Xornada para formar grupo de actividades BTT. A finalidade principal e coñecernos tod@s @s interesad@s e por en común as preferencias de cada quen para vindeiras saídas así coma explicar a dinámica pensada para o grupo. Faremos para elo una xornada BTT indo a xantar a Cea dende Ou e voltando polos dous viais…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 11 de Decembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Xornada para formar grupo de actividades BTT.
A finalidade principal e coñecernos tod@s @s interesad@s e por en común as preferencias de cada quen para vindeiras saídas así coma explicar a dinámica pensada para o grupo.
Faremos para elo una xornada BTT indo a xantar a Cea dende Ou e voltando polos dous viais do camiño de Santiago, subindo por Canedo e voltando por Cudeiro. (22 Km. / xantar / 23 Km. Aproximadamente) Con iste obxetivo rodaremos a ritmo suave e propomos un punto de saída opcional dende a cima da Costiña para que os que non estén afeitos a subidas duras ou non saian en bici con continuidade. Así poderán disfrutar da xornada sen queimarse nas peteiras da costiña. |
Data límite para a inscripción :4/12/19 indicar de onde sae cada quen.
Información útil
Comezo (lugar, hora…): | 9:30 Cafetería Titanic (en frente comisaría dos munipas) 42.3476,-7.8729 10:15 Cima da costa (onde remata a Costiña de Canedo) 42.3796,-7.9116 |
Transporte: | Medios propios para subila súa bici os que saian da Cima da costa. A volta levarémolos alí para que recollan os coches. |
Material recomendado: | Bici BTT, cámara para a roda, casco, luvas, señalización luminosa (frontales valen perfectamente) e ropa visible/reflectante. Mellor zapatos con membrana impermeable (teremos algunhos camiños con auga ou lameiros), roupa acorde ca meteo (chubasqueiro lixeiro, forro…), |
Pernocta: | Non aplica |
Requisitos para participar: | Manexarse ca bici BTT en camiños de firme irregular sen grandes complicacións técnicas. Os que non coñezan a Costiña ou non saian normalmente en bici lles recomendamos sair da Cima da costa. |
Prezo (no caso de que exista algún custe) | Costo do xantar en Cea a cargo de cada quen (+-15 €) |
Información técnica
Información MIDE ou track/wikiloc
Como referencia pásovos un track moi similar o que fariamos: https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/ourense-cea-ou-19741168
Descripción da ruta
A saída pola Costiña de Canedo ten tramos en torno o 20% de pendente, co que recomendamos para os que non a fixerades antes en bicicleta, empezar a actividade na cima da costa: É mellor pecar de conservador que de optimista en este día inicial.
Rodaremos sempre polo camiño de Santiago ( https://caminodesantiago.consumer.es/los-caminos-de-santiago/camino-sanabres/etapa-de-ourense-a-cea.html ) onde toparemos todo tipo de firme: asfalto, pista, pedras e carreiros. Teremos terreo bastante irregular, pero non faremos trialeras nin tramos de dificultade técnica.
Nalgún caso haberá que botar pé a terra por pedras, regos ou calquer obstáculo que poidamos atopar dependendo do estado do camiño.
Lembramos co obxetivo da xornada é coñecer ao grupo e as súas expectativas dentro de unha actividade BTT que debe ser bonita e alcanzable para todos. Por elo iremos cun ritmo lento adaptándonos aos participantes. Así o horario previsto é moi conservador (45Km. nunhas 6 horas e media cun descanso de 90´para xantar):
Saida de Ourense: 9:30
Chegada a Cea: 13:30
Saída de Cea: 15:00
Chegada a Ourense: 17:30
Se houbese dúbidas o mellor é que as deixedes no clube co voso teléfono e poñerémonos en contacto con vos para resolvelas.