Actividade de bicicleta de montaña pola serra do Xurés-…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 04 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
información útil
Comezo(lugar, hora…): Às 09:00 do domingo 8 en fronte da piscina do Pavillón dos Remedios.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: casco e material axeitado de bicicleta, así coma a propia bicicleta. Comida e auga. Bañador. (Repartiremos as bicis e material entre os coches particulares disponibles e os seus portabicis.)
Información técnica
Ruta das Sombras
A ruta parte de Portela do Homem cara Lobios. É unha ruta de dificultade fácil na que teremos a oportunidade de coñecer unha parte importante do parque natural do Geres-Xurés dende a perspectiva que nos da a bicicleta de montaña.
Comeremos polo camiño coa posibilidade de visitar as pozas de Vilameá, co que se o tempo acompaña non se descarta un baño.
Se o tempo acompaña, xa de volta e pensando nunha axeitada recuperación, cabe a posibilidade de parar nas augas quentes de Bande, no complexo Aquis Querquennis.
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
Normas de participación nas actividades
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.