Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Cea anual

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 29 Novembro
Categoría:

Chega de novo a cea anual do Club, un evento sin igual para compartir todas as nosas aventuras deste 2019 e abrir novos proxectos entre risas…e volven, un ano mais tamén, os “CAM aguards”. …

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 20 de Novembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Chega de novo a cea anual do Club, un evento sin igual para compartir todas as nosas aventuras deste 2019 e abrir novos proxectos entre risas…e volven, un ano mais tamén, os “CAM aguards”.

A cea será o vindeiro 29 de novembro ás 22:30 horas no Liceo Ourensán.

Ao igual que ano pasado, podes nominar a ese socio que cres merecedor dun “CAM aguard”. Coma nos mellores premios :-p! Indica no formulario o nome do socio ou socia, e o premio, que pola súa determinación, bo facer, espríritu e sobre todo, orixinalidade e falta de vergoña, cualidades que todo gañador dun CAM “aguard” debe demostrar, consideras que debería recibir este prestixioso galardón.Lembra que na cea, ademais dos mencionados premios, tamén se entregarán os premios do concurso de fotografía e o premio popular.

Será preciso anotarse á cea a través do formulario habilitado ao efecto, indicando o menú da vosa elección e achegando o xustificante bancario do pago da cea. O número de conta onde realizar a transferencia é o habitual do Club: ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank).

RESUMO:

  • Data: 29.11.2019
  • Hora: 22:30 horas
  • Lugar: Liceo Ourensán
  • Prezo menú: 22,00 €

MENÚS DISPOÑIBLES:

  • MENÚ A – CARNE: Empanada de bacallau, lacón cocido, gambóns dúas salsas, xarrete guisado con guarnición, e tarta
  • MENÚ B – PEIXE: Empanada de bacallau, lacón cocido, gambóns dúas salsas, lubina e tarta
  • MENÚ C – VEGANO: Ensalada variada, milanesa de champiñóns con patacas fritas, “fajitas” de verduras……..

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón