Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Cicloturismo por Monçao

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 18 Xuño
Finaliza: 19 Xuño
Categoría:

Cicloturismo para todas as idades e capacidades. A estimación da actividade e duns 36km de ecopista dende Monçao a Vilanova da Cerveira cunha duración aproximada de 5h con paradas. Para o sábado: 11h saída de Salvaterra. Cruzamos a ponte cara Monçao para coller a ecopista parada en Valença para visitar a fortaleça chegada á  pousada…


Cicloturismo para todas as idades e capacidades.

A estimación da actividade e duns 36km de ecopista dende Monçao a Vilanova da Cerveira cunha duración aproximada de 5h con paradas.

Para o sábado:

  • 11h saída de Salvaterra. Cruzamos a ponte cara Monçao para coller a ecopista
  • parada en Valença para visitar a fortaleça
  • chegada á  pousada da juventude en Vilanova da Cerveira. Esta pousada ten cociña para quen quiser levar fornelo.

O domingo:

  • pequeno almorzo e volta a Monçao

Para aparcar os vehículos poden quedar na zona de recreo que hai na beira do río Miño en Salvaterra

Para a noite do sábado ó domingo propoñemos a Pousada da Juventude de Vilanova da Cerveira.

Requisitos para participar: Ningun requisito especial esixido.

Material obrigatorio: Comida, Bicicleta, Roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, .
Todo o material debe de estar en boas condicións e homologado para a actividade.

Apúntate en [email protected]

 

Data límite para anotarse: 18 de maio

Lugar: Monçao e Vilanova da Cerveira (Portugal).

Transporte: Medios propios (vehículo particular)

Tipo de actividade *: Ida e volta

Horario: 5 horas

Distancia: 36 km aproximadamente

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón