Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Circular ao pico Montouto

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 25 Maio
Categorías: ,

Ruta circular ao pico Montouto (1.536 msnm) desde a aldea do Mazo.…


Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Martes 21 de Maio mediante formulario web
  • Mércores 22 de Maio por teléfono ou no local do club

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material.

Realizar inscripción online

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 08:30 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: 1,5 – 2 litros de auga por persoa, protección solar, gafas, gorra, prendas protección contra o vento e frio (en función previsión meteo), comida para a actividade,
recomendable botas de montaña e bastóns de trekking

Información

O mazo – Devesa do Cervo – Pico Montouto

  • horario6h55′
  • desnivel de subida1100 m
  • desnivel de baixada1100 m
  • distancia horizontal18,5 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2019.

Ruta circular de 18,5 kms de dificultade media-alta. Desde a localidade de O Mazo, ascenderemos polo río de Montouto atravesando a espectacular Devesa do Cervo. Haberá tempo para visitar a fervenza do mesmo nome.
Superado o bosque comezaremos a bonita ascensión ao Montouto pola súa cara Norte, sendo, o seu cumio, o punto de intersección das provincias de Lugo, Ourense e León.
Seguiremos pola liña de cumios ata buscar unha pista que nos devolve, por terreno mais amable, de novo cara a localidade de O Mazo.

Existe unha fonte durante a ruta na que se pode coller auga.
Tipo de firme: Sendeiro (50%), campo a través (15%) e pista (35%)


Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón