Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Montaña por somiedo

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 14 Xullo
Finaliza: 15 Xullo
Categoría:

Proposta de actividade montañeira pola zona de Somiedo con pernocta no refuxio de Torrebarrio da Federación Galega de Montaña.…


Proposta de actividade montañeira pola zona de Somiedo con pernocta no refuxio de Torrebarrio da Federación Galega de Montaña.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 10 de xullo mediante o correo [email protected]
  • Mércores 11 de xullo no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): O punto de quedada é o refuxio de Torrebarrio ao longo da tarde-noite do venres.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, saco de durmir para o refuxio.

Pernocta: No refuxio de torrebarrio, podese cociñar no mesmo ou cear na aldea de San Emiliano.

Sábado

Circular por somiedo

  • horario9h 25′
  • desnivel de subida1417 m
  • desnivel de baixada1417 m
  • distancia horizontal26 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

Trátase dunha circular, que pasa dun val a outro, pasando por dúas das brañas máis significativas de Somiedo; a de Sousas e a de Mumián. Saíndo de Santa María de Porto, cruzaremos a través do profundo val da Salgada ata O Valle del Lago. Enlazamos esta aldea con Coto de Buenamadre por un camiño tradicional, para coller aquí o PR11, que subindo por un precioso faial déixanos nas portas da Braña de Mumián cunhas espectaculares vistas cara á serra de Perchunes. Desde aí, báixase suavemente ata o Llamardal, onde se pode deixar algún coche, ou ben subir ao Porto facendo parte de estrada e parte de camiño, e así completar a circular.

Domingo

Ascensión ao Cornón

  • horario7h 10′
  • desnivel de subida1040 m
  • desnivel de baixada1040 m
  • distancia horizontal20 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario4
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

Ascensión ao Cornón por unha ruta pouco coñecida e polo tanto pouco transitada, unha das máis alpinas. Saíndo da aldea de Sosas de Laciana, remóntase o río Sosas, primeiro por pista, pasando por varias fontes e saltos do río, ata chegar a el Sucuecho onde se atopa unha ponte. Dende aquí continúase pola marxe esquerda do río, xa por sendeiro, para ir ascendendo ata o Corralón de abaixo (1550m), onde se deixa o camiño e un pouco máis arriba, se entra na canal entre o Cornín e o Cornón. Por esta canal se alcanza o collado leste do Cornín (2000m). Dende aquí so quedan preto de 200 metros cara o leste ata o cumio do Cornón(2188m) onde disfrutaremos dunhas vistas privilexiadas do val de Somiedo e as súas montañas.
O descenso faise pola outra vertente do cumio, pasando xunto ao Pico Asta, e desdendendo ao sur ata o río Glacheiro. Seguiremos este regato ata a súa desembocadura no río Sosas, pasando o Chozo de las Presas e a fervenza Galcheiro. Xa no río Sosas, baixamos pola súa marxe dereita ata atopar a ponte, onde retomamos a pista do inicio da actividade pola que descendemos ata Sosas.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón