Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

COMPROMISO ALPINO: Prácticas de progresión en Aristas no macizo de Ubiña.(29-30 maio)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 29 Maio
Finaliza: 30 Maio
Categoría:

COMPROMISO ALPINO Prácticas de progresión en Aristas no macizo de Ubiña. Actividade práctica de progresión en aristas, xestión de corda, colocación de seguros e escalada en ensamble. Co obxectivo de dar autonomía neste terreo de cara as actividades técnicas de Pirineos 2021. Información útil Comezo : Venres 20:30 no Albergue el Rebezo (Torrebarrio) Sábado :…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

COMPROMISO ALPINO
Prácticas de progresión en Aristas no macizo de Ubiña.

Actividade práctica de progresión en aristas, xestión de corda, colocación de seguros e escalada en ensamble. Co obxectivo de dar autonomía neste terreo de cara as actividades técnicas de Pirineos 2021.

Información útil
Comezo :
Venres 20:30 no Albergue el Rebezo (Torrebarrio)
Sábado : 9:00h Llanos del Fontán
Transporte:En vehículos particulares até Torrebarrio.
Material recomendado:
Actividade de 2 días en autonomía.
Esterilla, saco, comida e o preciso para o vivac/tenda. Roupa axeitada a climatoloxía. Calzado de montaña impermeable e pechado.
Empotradores e corda de montaña de 60m se se dispón delas. Arnés, equipo persoal (cintas, cordinos, mosquetóns para reunións, sistema de freno) e casco.
Pernocta:
En vivac/tenda nos Llanos del Fondán.

Prioridade as persoas participantes do “Compromiso Alpino” que teñan intención de ir a Pirineos 2021 (Benasque)

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón