NOVA DATA 22 MARZO Descripción escalada de varios longos nos permite progresar en paredes máis alá da metade da lonxitude da nosa corda simple, asegurando a progresión ao primeiro de cordada, este ao segundo, que releva ao primeiro e así sucesivamente até o cumio ou o final das dificultades. Se queremos progresar en paredes de…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 19 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
NOVA DATA 22 MARZO
Descripción
escalada de varios longos nos permite progresar en paredes máis alá da metade da lonxitude da nosa corda simple, asegurando a progresión ao primeiro de cordada, este ao segundo, que releva ao primeiro e así sucesivamente até o cumio ou o final das dificultades.
Se queremos progresar en paredes de estas características precisamos practicar e manexar con fluidez algunha maniobras específicas e o Faro de Budiño presenta unhas estupendas características para facelo.
Igualmente, para o descenso non é raro ter que utilizar o rapel pola mesma vía como única opción polo tanto é preciso dominar esta técnica tamén.
Data límite para a inscripción
5 de marzo de 2025 20:00h
Información útil
- Comezo (lugar, hora…):10h – Merendeiro da zona de escalada en Faro de Budiño
https://maps.app.goo.gl/76x7TL7MY1phrtuT8 - Transporte: Vehículos particulares.
- Material recomendado:
- Por cordada de 3:
- Duas cordas de 60m de uso en simple ou en doble, 12 cintas expres, sistema de freno tipo “reverso – ATC”.
- Material persoal:
Arnés, casco, cinta para montaxe de reunión (minimo 60 cm), 3 mosquetons de seguro. Todo o necesario para facer un rapel: cordino de machard, cabo de ancoraxe e mosquetón de seguro. - Todo o material homologado para a actividade.
- Por cordada de 3:
- Pernocta:
- Non
Requisitos para participar:
- Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
- Ter experiencia en escalada deportiva: saber progresar en vias equipadas de un so longo, tanto de primeiro como de segundo así como asegurar a un primeiro ou segundo de cordada.
Prezo:
- Actividade é gratuíta.
- Compartición de gastos, se fose o caso.
Información Técnica:
Durante esta xornada exploraremos algunhas vias clásicas da zona como a Calavera ou Alfanje. Ambas completamente equipadas.
Durante este día practicaremos:
- Triangulación de reunións.
- Relevo en escalada de varios longos (dinámica da cordada).
- Uso da cesta (aseguramento a un segundo, a un primeiro e rappel).
- Rappel con nudo autobloqueante.
Prazas limitadas (Máximo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)(se houbera apoio de máis personas con experiencia poderian apuntarse máis persoas).
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinador: Victor Barro