Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a escalada de varios longos equipados

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 27 Xullo
Categoría:

A todas e todos aqueles interesados en dalo salto da escalada deportiva a escalada de varios longos en terreo equipado.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 17 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información útil

Comezo(lugar, hora…):

  • 9:30h no Pabellón dos Remedios: Organizaremos o transporte en coches particulares
  • 10:00h. Zona escalada Canón do Sil, sector Camachuelo
  • (Indicar na folla de inscrición se dispón de coche e número de prazas que pode compartir).

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: 

  • Os participantes deben contar co material de escalada básico: arnés, casco, cintas express, asegurador (tipo gri-gri), descensor (tipo Reverso ou ATC), cordinos para nós bloqueantes, cabo de ancoraxe.
  • Material recomendado a aportar (non é imprescindible pero o clube ten un número limitado deste material): dous ou tres mosquetóns de seguro, corda simple, cinta ou cordino para reunións. (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).
  • Material xeral: protección solar, cantimplora ou bolsa tipo camel, comida lixeira.

Requisitos para participar

Ter realizado algún curso de iniciación á escalada ou algún “coñece a escalada” ou participado nalgunha das quedadas de escalada do clube e por tanto saber asegurar e encordarse.

Información técnica

Practicarase: montaxe de reunións e material necesario en vías equipadas, rápel auto-asegurado, manobras de descolgamento, aseguramento a un segundo e a un primeiro de corda e manexo de corda en reunións.

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón