Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a escalada en Budiño

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 16 Marzo
Categoría:

“Coñece a escalada” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver coa escalada, socias ou non socias. Incluimos polo tanto todos os ingredientes que deben de ter este tipo de actividades, facendoo con total seguridade e aproveitando a experiencia…


“Coñece a escalada” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver coa escalada, socias ou non socias. Incluimos polo tanto todos os ingredientes que deben de ter este tipo de actividades, facendoo con total seguridade e aproveitando a experiencia dos membros do club.

A nosa proposta é a de achegarnos a escalada deportiva na escola de escalada do Faro de Budiño en Porriño.

Plan

Saída do pavillón dos remedios de Ourense o sábado 16 de marzo as 9.00h a.m.
Desplazamento en vehículos particulares (recomendamos levar cadenas).
Chegada estimada a Ourense as 20.30h.

Información práctica

Comida e auga para o día: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo. E auga.
Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.

Prezo:

  • 16 € para o público en xeral
  • 10 € para persoas federadas
  • Gratuita para persoas socias e federadas.

O prezo inclue o aluguer de material o seguro de responsabilidade civil e de accidentes así como a cuota asociativa do primeiro trimestre no club.

Información técnica

Material necesario facilitado polo clube: Material de seguridade, arnes, corda, sistemas de freno e casco.

Material recomendado: As participantes deben contar con calzado cómodo e roupa de abrigo. Preferentemente pes de gato.

Inscripción

Apúntate en [email protected]
Data límite para anotarse: Martes 12 de marzo as 21h
Organiza a actividade: Víctor Barro

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón