Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a Espeleo: Cova do Rei Cintolo / Cova de Santos (Mondoñedo) 10-11 Outubro

Comeza: 10 Outubro
Finaliza: 11 Outubro

Coñece a espeleo, trátase dunha actividade de toma de contacto coa Espeleoloxía, visitando de paso a cova de maior desarrollo da comunidade, a cova do Rei Cintolo. Este Coñece a Espeleoloxía está aberto a todo aquel deportista maior de idade que teña interese en coñecer o mundo subterráneo e o potencial espeleolóxico de Galicia. Información…

Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Domingo 04 de Outubro mediante formulario web
  • Domingo 04 de Outubro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Realizar inscripción online


Coñece a espeleo, trátase dunha actividade de toma de contacto coa Espeleoloxía, visitando de paso a cova de maior desarrollo da comunidade, a cova do Rei Cintolo. Este Coñece a Espeleoloxía está aberto a todo aquel deportista maior de idade que teña interese en coñecer o mundo subterráneo e o potencial espeleolóxico de Galicia.

Información útil

Comezo (lugar, hora…):
10 de outubro, ás 09:00 no aparcamento da universidade (Campus Ourense)

Transporte:
En vehículos particulares ata Mondoñedo (refuxio federativo):
https://www.google.es/maps/place/Refugio+Federaci%C3%B3n+galega +Espeleolox%C3%ADa/@43.4056616,-7.3533195,3a,75y,290.84h,90t/d ata=!3m7!1e1!3m5!1sjiBcwuKNN01n_YJU_jSutQ!2e0!6s%2F%2Fgeo1. ggpht.com%2Fcbk%3Fpanoid%3DjiBcwuKNN01n_YJU_jSutQ%26outp ut%3Dthumbnail%26cb_client%3Dsearch.gws-prod.gps%26thumb%3D 2%26w%3D86%26h%3D86%26yaw%3D290.8374%26pitch%3D0%26t humbfov%3D100!7i13312!8i6656!4m8!1m2!2m1!1srefugio+mondo%C3 %B1edo!3m4!1s0x0:0xdabfd0b8d2233256!8m2!3d43.4056362!4d-7.353 4167?hl=es
Material recomendado:
Cada participante virá provisto de todo o material necesario para durmir (esterilla, saco de durmir) así como roupa cómoda (tamén de recambio), chanclas, neceser, etc. Tamén se recomenda roupa de abrigo para estar no refuxio.

En todo momento farase obrigatoio o  uso da mascarilla .

Material de progresión:
Mono exterior ou funda de taballo, mono interior (ou mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), así como luvas. Casco con iluminación eléctrica en funcionamento, pilas-baterías de recambio para a mesma, e unha mascarilla de reposto.
Pernocta:
Poderase dormir no refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) en Mondoñedo, ou en cualquera establecimiento da zona (organización por conta do participante neste último caso).
Requisitos para participar:
Ser maior de 18 anos, ter licencia en vigor que cubra a actividad de espeleoloxía, estar en boa condición física, ser socio do Club AlpinoOurensán, e cubrir a declaración respondable COVID-19.
Prezo:
Os federados pola FGE teñen a pernocta gratuita. No caso dos federados pola Federación Galega de Montañismo, a pernocta no refuxio ten un coste de 6€, que deberán entregar ao organizador da actividade ao chegar ao refuxio.

DIA 1
Descripción da actividade a realizar
10/10/2020: Exploración da cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Esta cavidade, a máis grande de Galicia, ofrece múltiples posibilidades de actividade. Inicialmente faremos o percorrido turístico, circular, duns 200 metros de desarrollo e unha hora de duración aproximadamente. Posteriormente, baixaremos ata o nivel do curso activo de auga que transcorre pola cavidade, e volveremos á saída polo mesmo recorrido.

DIA 2
Descripción da actividade a realizar
11/10/2020: Exploración da cova de Santos, unha cavidade de nivel de iniciación da zona.
Esta é una das moitas cavidades que existen tamén na zona de Mondoñedo que ten moitas formacións e grandes salas nas que se poden ver as diferentes idades xeolóxicas da cova.

Prazas limitadas
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón