Coñece a montaña con vivac en Trevinca 21-22 maio DESCRICIÓN DO ROTEIRO: Circular con vivac en Trevinca Amplo roteiro circular que percorre durante preto de 50 Km. o macizo de Trevinca desde a súa vertente Zamorana . Este roteiro percorre gran parte do parque Natural do Lago de Sanabria , desde os vales próximos ao…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 18 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Coñece a montaña con vivac en Trevinca 21-22 maio
DESCRICIÓN DO ROTEIRO:
Circular con vivac en Trevinca
Amplo roteiro circular que percorre durante preto de 50 Km. o macizo de Trevinca desde a súa vertente Zamorana . Este roteiro percorre gran parte do parque Natural do Lago de Sanabria , desde os vales próximos ao lago ata os cumes máis altos do macizo . Non ten ningunha dificultade técnica pero é altamente esixente desde o punto de vista físico (Hai que optimizar a carga na mochila).
Día 1 :
Saímos de Vigo de Sanabria polo canón da Forcadura e pasando polas lagoas de Peces , Yeguas, Riopedro e Patos chegaremos ao cordal principal do macizo . Faremos cume primeiro no Pena Surbia, despois o Pena Negra e por fin o Pena Trevinca . Vivaquearemos na falda deste último cara ao nacemento do rio Tera .
Lonxitude : 25 Km.
Desnivel : 1600 m.(positivos)
Horario estimado : 10h
Hora e lugar de saída : 8:30 h. En Vigo de Sanabria (na explanada do bar da escola)
Día 2 :
Descenderemos seguindo o percorrido do rio Tera dende o seu nacemento , pasando polas presas de Vega do Conde e Vega do Tera (presa rota) . A partir desta internarémonos no canón , cada vez mais angosto e impresionante , ata chegar a Ribadelago onde finalizaremos o roteiro.
* Posibilidade de ampliar o percorrido ata San Martín de Castañeda , o que incrementaría o roteiro en 4 Km e 300 m de desnivel positivo . Isto facilitaría moito a xestión dos coches para retornar . Falarémolo no seu momento.
Lonxitude : 23 Km.
Desnivel : 300 m. (positivos) practicamente é todo baixada .
Horario estimado : 8h
MATERIAL RECOMENDADO:
Roupa adecuada e botas de montaña , capa impermeable , saco , esterilla , funda de vivac (opcional) , hornillo , frontal, cantimplora, protección solar,frontal, comida e auga
AUGA :Hai fonte no lugar de saída o primeiro día e a 1800 m na laguna de las Yeguas . E o segundo día no encoro de Vega de Conde.
Hai moita auga durante todo o percorrido exceptuando o cordal de cumes, pero hai gando polo que seria recomendable levar pastillas potabilizadoras e así evitar portear moita auga .
OBSERVACIÓNS: O segundo día hai multitude de espazos preciosos para bañarse.
DATA LÍMITE PARA ANOTARSE: Mércores 18 de maio
Número máximo de participantes: 15
ORGANIZADORES : Maite e Antón. Para consultas por correo a secretarí[email protected]
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Transporte: vehículos partiuilares
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas a 15 persoas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión