Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a montaña invernal/Coñece Ubiña (Actividade aprazada ao 1-2 de Febreiro)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Febreiro
Finaliza: 2 Febreiro
Categoría:

Coñece a montaña invernal/Coñece Ubiña (18-19 de xaneiro) Cupo completo para esta saída Debido ao mal tempo desta fin de semana aprazamos a actividade ao 1-2 de Febreiro Descripción xeral Recentemente o ALPINISMO foi declarado patrimonio cultural inmaterial da humanidade pola Unesco. Queres comenzar no mundo do alpinismo, queres coñecer novos terreos de xogo ou…


Coñece a montaña invernal/Coñece Ubiña (18-19 de xaneiro) Cupo completo para esta saída

Debido ao mal tempo desta fin de semana aprazamos a actividade ao 1-2 de Febreiro

Descripción xeral

Recentemente o ALPINISMO foi declarado patrimonio cultural inmaterial da humanidade
pola Unesco. Queres comenzar no mundo do alpinismo, queres coñecer novos terreos
de xogo ou simplemente apetéceche visitar novamente Ubiña?, pois esta actividade é
para ti.

LÉMBRATE QUE É PRECISO ANOTARSE NOVAMENTE NA ACTIVIDADE.

Data límite para a inscripción

Domingo 26 de xaneiro

Prazas limitadas a 15 persoas

Información útil

Comezo (lugar, hora…):
Sábado 1: Torrebarrio 8:00h
Domingo 2: Torrebarrio 7:00h
Transporte:
O día 31 ás 18:00h no Pabellón dos Remedios. Organizaremos o
transporte en coches particulares no lugar de quedada. Tamén é posible
quedar directamente en Torrebarrio no caso de querer saír antes. (Indicar
na folla de inscrición se dispón de coche, a data de saída e número de
prazas que pode compartir).
Material:
Os participantes deben contar co material básico (DÍA 1): piolet, crampóns
e casco (o clube ten un número limitado deste material que podedes
solicitar).
DÍA 2: (a maiores do indicado anteriormente) arnés, asegurador/descensor
(tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, mosquetóns de
seguro, cabo de ancoraxe.

(Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).

Material xeral recomendado: botas cramponables ríxidas ou semirríxidas,
roupa de abrigo e impermeable para condicións invernais, luvas, protección solar, mochila de 20-30L, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de ataque,
frontal, polainas
Pernocta:
Refuxio de Torrebarrio.
Liteiras corridas (imprescindible levar saco), conta con zoa onde poder
cociñar e hai ducha.
Requisitos para participar:
Día 1: Non é necesario ter coñecementos previos en autodetención, recomendable ter saído ó monte nas saídas do clube, ou ter feito algún “coñece a escalada” e por
tanto saber asegurar, encordarse ou rapelar.
Día 2: Ter feito algún “coñece a montaña invernal” ou saber progresar e
autodeterse en montaña invernal. A maiores saber encordarse e rapelar.
Prezo
*O que custe a pernocta do refuxio de Torrebarrio (5€. persona/noche)

Información técnica
Actividade de montaña
DIA 1
Descripción da actividade a realizar

Faredes prácticas de progresión en neve con e sen crampóns, manexo de piolet e
autodetención en diferentes situacións.

DIA 2
Descripción da actividade a realizar

Percorrido circular o redor do macizo principal de Ubiña. Recorrerase tódalas vertentes
de Ubiña co gallo de darvos unha idea das grandes posibilidades alpinas coas que
conta este enclave montañeiro. Poderedes localizar e situar os corredores máis
senlleiros do macizo, así como visualizar os puntos de aceso e de escape máis
importantes do cordal de Ubiña. Percorrido proposto: Torrebarrio- Chandanai– Ronzón-
Terreros– Senda Merina- Horcada del Siete- Canal del Buey- Fontanes- Llanos del
Fontán- Torrebarrio.
Actividade esixente físicamente (dependendo do estado da neve o tempo da actividade estímase entre 8 e 10 horas). Posibilidade de facer un segundo grupo en función das condicións dos participantes con recorrido alternativo.

Info:

 

Coordinador: Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón