Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a montaña invernal (pendente de data según condicións)

Comeza: 1 Xaneiro
Finaliza: 28 Febreiro
Categoría:

Coñece a montaña invernal      Descripción xeral    Queres comenzar no mundo da montaña e do alpinismo? Queres coñecer novos  terreos de xogo? Apetéceche gozar con seguridade no monte en inverno? Queres  unirte ás saídas invernais do clube? pois esta actividade é para ti.  Inscripción aberta en función da interese que se manifeste.  Se estás interesado anótate no formulario e iremos avisando de datas según condiccións. Esta actividade está pensada para aquelas socias e socios que desexen introducirse na cara invernal da montaña.    Información útil  Comezo (lugar, hora…)  En función das condicións, pero probablemente en Ubiña:  Torrebarrio.      Material:  Os participantes deben contar co    material   básico: piolet, crampóns e  casco (o clube ten un número limitado deste material que podedes  solicitar).    (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).    Material xeral recomendado: botas cramponables ríxidas ou  semirríxidas, roupa de abrigo para condicións invernais, luvas,  protección solar, mochila de 20-30L, cantimplora ou bolsa tipo  camel, barritas ou comida de ataque, frontal.  Pernocta  Refuxio de Torrebarrio.  Liteiras corridas (imprescindible levar saco), conta con zoa onde  poder cociñar e hai ducha.  Requisitos para participar  Non é necesario ter coñecementos previos, recomendable ter saído  ó monte nas saídas do clube e ter boa forma física. Útil ter feito  algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar, encordarse  ou rapelar. Esta actividade está pensada para aquelas socias e  socios que desexen introducirse na cara invernal da montaña.     N.º Participantes  máximo  10 …

Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Martes 25 de Febreiro mediante formulario web

Realizar inscripción online


Coñece a montaña invernal 
 
 
Descripción xeral 
 
Queres comenzar no mundo da montaña e do alpinismo? Queres coñecer novos 
terreos de xogo? Apetéceche gozar con seguridade no monte en inverno? Queres 
unirte ás saídas invernais do clube? pois esta actividade é para ti. 
Inscripción aberta en función da interese que se manifeste. 
Se estás interesado anótate no formulario e iremos avisando de datas según condiccións.
Esta actividade está pensada para aquelas socias e socios que desexen introducirse na cara invernal da montaña. 
 
Información útil 
Comezo (lugar, hora…) 
En función das condicións, pero probablemente en Ubiña: 
Torrebarrio. 
 
 
Material: 
Os participantes deben contar co    material   básico: piolet, crampóns e 
casco (o clube ten un número limitado deste material que podedes 
solicitar). 
 
(Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso). 
 
Material xeral recomendado: botas cramponables ríxidas ou 
semirríxidas, roupa de abrigo para condicións invernais, luvas, 
protección solar, mochila de 20-30L, cantimplora ou bolsa tipo 
camel, barritas ou comida de ataque, frontal. 
Pernocta 
Refuxio de Torrebarrio. 
Liteiras corridas (imprescindible levar saco), conta con zoa onde 
poder cociñar e hai ducha. 
Requisitos para participar 
Non é necesario ter coñecementos previos, recomendable ter saído 
ó monte nas saídas do clube e ter boa forma física. Útil ter feito 
algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar, encordarse 
ou rapelar. Esta actividade está pensada para aquelas socias e 
socios que desexen introducirse na cara invernal da montaña. 
  
N.º Participantes 
máximo 
10 
 
Actividade de montaña 
DIA 1 
Descripción da actividade a realizar 
 
Faredes prácticas de progresión en neve con e sen crampóns, manexo de piolet e 
autodetención en diferentes situacións. Realizarase percorridos pola montaña para 
practicar as técnicas de progresión. De existir un grupo de iniciación e outro xa con 
coñecementos, dividirase a actividade propoñéndose a este segundo algunha 
actividade alternativa pola montaña ou a práctica dalgunha técnica de detención en 
cordada. 
 
 
DIA 2 
Descripción da actividade a realizar 
 
Posta en práctica das técnicas de seguridade en situacións de progresión polo monte. 
 
Info: 
 
 
Coordinador: Manuel Veiga 
Contacto: [email protected] 
Sección: Montaña/Escalada. 
 
 

 Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón