Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a montaña. Peña Trevinca

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 9 Febreiro
Categoría:

“Coñece a montaña” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver co montañismo…


“Coñece a montaña” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver co montañismo, socias ou non socias. Incluimos polo tanto todos os ingredientes que deben de ter este tipo de actividades, facendoo con total seguridade e aproveitando a experiencia dos membros do club.

Pena Trevinca é o teito de Galicia cunha altura por enriba dos 2.100 m e polo tanto un dos cumios máis ansiados por moitas das persoas afeccionadas a montaña. A actividade proposta consistirá na ascensión dende o collado de Fonte da Cova, na fronteira entre Galicia e Castela León, até o cumio de Pena Trevinca 450 m máis arriba e regreso pola mesma ruta.

Este itinerario supón menos desnivel para acometer esta emblemática montaña. Transcurre dende o val pizarreiro de Casaio por enriba do Teixedal (bosque único en Europa), sobre as lagoas da Baña e do Picón e cunha panorámica única ao val glaciar do río Tera. E que acada o teito de Galcia tralos cumios do Peña Surbia e o Peña Negra.

Plan

  • Saída do pavillón dos remedios de Ourense o sábado 9 de febreiro as 6.30 h a.m.
  • Desplazamento en vehículos particulares (recomendamos levar cadenas).
  • Comezo da ruta as 8,30 h dende o collado de Fonte da Cova.
  • Chegada estimada a Ourense as 21.30h.

Información técnica

Peña Trevinca dende Fonte da Cova

  • horario6h 25′
  • desnivel de subida900 m
  • desnivel de baixada900 m
  • distancia horizontal18 km
  • tipo de percorridoIda e volta
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4
  • pendente de neve20º

Condicións en inverno, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

Información práctica

  • Comida para a ruta: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo. E auga.
  • Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.
  • Prezo:
    • 16 € para o público en xeral
    • 10 € para persoas federadas
    • Gratuita para persoas socias e federadas.

O prezo inclue cesión de material, o seguro de responsabilidade civil e de accidentes así como a cuota asociativa do primeiro trimestre no club.

Material obrigatorio: Crampons e piolet.

Inscripción

Apúntate en [email protected]

Data límite para anotarse:  Mércores 6 de febreiro as 21h

Organiza a actividade: Víctor Barro

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón