Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece as covas camiñando 18 xuño (cancelada)

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 18 Xuño
Categoría:

Coñece as covas camiñando 18 xuño Coñece as covas, o espazo interior. Actividade esencial de achegamento ao misterioso e enigmático universo subterráneo dende unha perspectiva alternativa e inclusiva, contemplando aspectos naturais, culturais, lúdicos, artísticos ou meramente estéticos. Comezo: Domingo 19 Xuño ás 9:30 horas. Punto de encontro: gasolineira da Barosa (A Barosa, O Bierzo). Transporte:…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 15 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece as covas camiñando 18 xuño


Coñece as covas, o espazo interior.
Actividade esencial de achegamento ao misterioso e enigmático universo subterráneo dende unha perspectiva alternativa e inclusiva, contemplando aspectos naturais, culturais, lúdicos, artísticos ou meramente estéticos.
Comezo:
Domingo 19 Xuño ás 9:30 horas. Punto de encontro: gasolineira da Barosa (A Barosa, O Bierzo).

Transporte: Vehículo particular.

Material recomendado:roupa lixeira e cómoda para camiñar, mochila lixeira, comida e bebida para a xornada, gorra e protección solar, bastón, compás, casco con iluminación, luvas finas de traballo.

Pernocta:Opcional a noite anterior do Sábado ao Domingo no refuxio de Covas.
Equipo de pernocta: saco, esterilla, chanclas, aveños de aseo, comida e bebida plus.

Requisitos:Actividade interedad, apta para pequenos e maiores.

Prezo:Gratuíta. Pernocta opcional no refuxio 6€

O Bierzo é unha destacada rexión natural que abarca as comunidades autónomas de Galicia e León, na cal se inclúe o parque natural da Serra da Enciña da Lastra. Esta rexión natural presenta particularidades xeolóxico-climáticas que foron modelando unha contorna natural única e dunha especial beleza. Calquera pequeno roteiro a través dos seus característicos bosques evoca outros lugares, outras épocas. Niso consiste precisamente esta actividade, un pequeno percorrido explorando a través do bosque berciano, para descubrir as pequenas covas que só nun terreo destas características pódense dar.

O Domingo 19, desde o punto de encontro na gasolineira da Barosa, desprazarémonos en vehículos ao lugar de actividade. Comeremos na mesma zona de actividade ao terminar esta.

Nas inmediacións dispoñemos de interesantes actividades complementarias, para aproveitar a tope o finde, que se poden realizar antes e despois da actividade proposta. Por exemplo visitar o castelo templario de Cornatel, o lago de Carucedo, as minas romanas das Medulas ou mesmo un baño no encoro de Pena Loura. Estoutras actividades menciónanse unicamente a título informativo e son opcións persoais que non forman parte da actividade do Clube.

Cabe a posibilidade de durmir a noite do Sábado ao Domingo no refuxio de Covas. Esta pernocta ten un custo de 6€ para os non federados na FGE. Os rexistrados que desexen durmir no refuxio deben indicalo claramente no momento de inscribirse (nas observacións), e realizar a inscrición con suficiente antelación xa que as prazas son limitadas.

Coordinador: Javier Moldes

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón