Coñece a montaña invernal:Montihuero (22-23 de xaneiro) Queres comenzar no mundo do alpinismo, queres coñecer novos terreos de xogo ou simplemente apetéceche visitar novamente a montaña leonesa?, pois esta actividade é para ti. Comezo (lugar, hora…): Sábado 22: Torrebarrio 8:00h Domingo 23: Torrebarrio 7:00h Transporte:Coches particulares Material: Os participantes deben contar co material básico: piolet,crampóns e…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Coñece a montaña invernal:Montihuero (22-23 de xaneiro)
Queres comenzar no mundo do alpinismo, queres coñecer novos terreos de xogo ou simplemente apetéceche visitar novamente a montaña leonesa?, pois esta actividade é para ti.
Comezo (lugar, hora…):
Sábado 22: Torrebarrio 8:00h
Domingo 23: Torrebarrio 7:00h
Transporte:Coches particulares
Material: Os participantes deben contar co material básico: piolet,crampóns e casco (o clube ten un número limitado deste material que podedes solicitar).
(Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).
Material xeral recomendado: botas cramponables ríxidas ou semirríxidas, polainas, roupa de abrigo para condicións invernais, luvas, protección solar, mochila de 20-30L, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de ataque, frontal.
Pernocta: O clube non xestionará a pernocta
Requisitos para participar:
Día 1: Non é necesario ter coñecementos previos, recomendable ter saído ó monte nas saídas do clube, ou ter feito algún “coñece a escalada” .
Día 2: Ter feito algún “coñece a montaña invernal” ou saber progresar e autodeterse en montaña invernal.
Información técnica
Actividade de montaña
DIA 1 Descripción da actividade a realizar: Facer prácticas de progresión en neve con e sen crampóns, manexo de piolet e autodetención en diferentes situacións.
DIA 2 Descripción da actividade a realizar: Percorrido circular polo Montihuero.
Saida dende Torre de Babia (1.276 m) polo camiño que vai ata a Laguna de las Verdes
(1.726 m). Sorteamos a lagoa pola marxe dereita para encarar o canalón do Montihuero.
Ao final do canalon collemos a esquerda a cresta en direccion este ata o cumio do
Montiguero ( 2.177 m). O descenso farase cresteando sen dificultade en direccion sureste ata o Pico de las Eras (2110 m). Dende ahí continuaremos por unha zona mais tecnica,de forte pendente, ata chegar as Eras do Montiguero. Xa por unha zona mais amable retomase o camiño de ida, moi preto de Torre de Babia.
Info: Desnivel 1000m
Distancia 14 km
Horario aproximado 7 horas
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:
FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión
Responsables: Antón, Maite e Manu
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.