Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece o campamento e aprende a revisar o teu material de acampada: Manzaneda 16-17 Xullo 2022 (cancelada)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 16 Xullo
Finaliza: 17 Xullo
Categorías: ,

Coñece o campamento e aprende a revisar o teu material de acampada: Manzaneda 16-17 Xullo 2022 Actividade social para revisar e manexar diverso material de acampada. Tendas, sacos, esterillas, fornelos, etc. Coñecer diverso tipos de tenda, practicar a montaxe e aprender a recoñecer os lugares idóneos de pernocta outdoor, así como poñelas a punto para…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 13 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece o campamento e aprende a revisar o teu material de acampada: Manzaneda 16-17 Xullo 2022

Actividade social para revisar e manexar diverso material de acampada. Tendas, sacos, esterillas, fornelos, etc. Coñecer diverso tipos de tenda, practicar a montaxe e aprender a recoñecer os lugares idóneos de pernocta outdoor, así como poñelas a punto para a actividade de Pirineos.

Información útil
Comezo (lugar, hora): A actividade desenvolverase nas inmediacións do refuxio do Club en Manzaneda, entre o Sábado 16 e o Domingo 17 de xullo.

Material: Saco, esterilla, comida e bebida, opcional tenda de campaña, funda vivac, etc.

Pernocta: en tenda ou no refuxio do Club.

Actividade interedad, apta para peques e maiores. Non é preciso dispoñer de tenda propia, revisaremos e montaremos tamén as tendas do Club. Boa ocasión para coñecer e valorar persoalmente diversos tipos de tenda.

Descripción da actividade a realizar

Sábado 16 tarde: chegada o refuxio, elección de ubicacións, montaxe e revisón de de tendas.Cea de campaña e camiñata nocturna.

Domingo 17: xantar de campaña e actividades diversas. Recollida de material e valoración experiencia. Comida de campaña.

Coordinador: Javier Moldes

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón