Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece o esquí de montaña Manzaneda 23 xaneiro 2021/ Aprazada

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 23 Xaneiro
Categorías: ,

Coñece o esquí de montaña vai dirixido a toda aquelas persoas que xa sepan esquiar e queiran introducirse no esquí de montaña. A actividade levarase a cabo sempre que as condicións sanitarias o permitan. Faremos unha pequena travesía polos arredores de Cabeza de Manzaneda (evitaremos as aglomeracións da estación) e aprenderemos as técnicas de progresión…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 20 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece o esquí de montaña vai dirixido a toda aquelas persoas que xa sepan esquiar e queiran introducirse no esquí de montaña. A actividade levarase a cabo sempre que as condicións sanitarias o permitan.
Faremos unha pequena travesía polos arredores de Cabeza de Manzaneda (evitaremos as aglomeracións da estación) e aprenderemos as técnicas de progresión e descenso en neve virxe.

DATA:
Sábado 23 de xaneiro de 2021

Data límite para a inscripción
Mércores  20 de xaneiro ás 21.00 h.

Número de prazas: Prazas limitadas a 6 participantes. Formarase unha lista de agarda coas solicitudes enviadas a: [email protected]

Información útil
● Saída do Pavillón dos Remedios de Ourense o sábado 23 de xaneiro ás 08:00 h.
● Desprazamento en vehículos particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, crampons, piolets, comida e auga para pasalo día. Material de esquí de travesía.

IMPRESCINDIBLE: saber esquiar e ter equipo de esquí de travesía: esquís, peles foca, botas.

Terán prioridade as persoas con pouca o ningunha experiencia en esquí de montaña

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.

Todos os participantes na actividade deberán cubrir os Anexos sobre declaración responsable e aceptación das condicións previstos no Procolo COVID da FGM, e envialos a [email protected].

ANEXOS PROTOCOLO COVID FGM. DECLARACIÓN RESPONSABLE E ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS

Prezo: A actividade é gratuíta.

*AVISO IMPORTANTE: Pola situación sanitaria vixente, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro. Igualmente, o número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade. Neste caso, respectarase en todo momento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón