Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece o Esquí de Montaña – Porto de San Isidro (Entroido 22-25 de febreiro de 2020 )

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 22 Febreiro
Finaliza: 25 Febreiro
Categoría:

Coñece o Esquí de Montaña – Porto de San Isidro DATA: Entroido 22-25 de febreiro de 2020 “Coñece o esquí de montaña” é unha actividade proposta polo Club Alpino Ourensan e aberta a todas as persoas que queiran iniciarse ou disfrutar 4 días de actividade na neve. Farémolo con total seguridade e aproveitando a experiencia…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 05 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece o Esquí de Montaña – Porto de San Isidro

DATA:
Entroido 22-25 de febreiro de 2020

“Coñece o esquí de montaña” é unha actividade proposta polo Club Alpino
Ourensan e aberta a todas as persoas que queiran iniciarse ou disfrutar 4 días
de actividade na neve.

Farémolo con total seguridade e aproveitando a experiencia dos membros do
club, autoxestionandonos en pequenos grupos en función do nivel e experiencia.
Se o tempo acompaña disfrutaremos de 4 días de esquí de montaña ao pe do
porto de San Isidro, nas inmediacións do Porto de Vegarada. Aloxados nas
casas de montaña de Alto Curueño, el Lugueros.

Posibilidade para quen o desexe de facer sendeirismo, montaña, raquetas,
esquí de fondo ou esquí de pista no sector Riopinos da estación de San
Isidro.

Data límite para a inscripción
Mércores 5 de febreiro as 21h

Comezo:
Faremos grupo para organizar cada día rutas autoxestionadas
en función do nivel, experiencia e motivación.
Transporte:
Organizaremos o transporte en coches particulares
Material recomendado:
●Contar con material propio esquís de montaña (Esquis,
botas, bastons, peles de foca). Ou alugalo.

Para alugar o material xestionalo en:


[email protected]
660 934 106
(OLLO! O clube non xestionará o material de esquí a
alugar)
●Casco, crampons e piolet.

Pernocta:
Casas de Montaña de Alto curueño en Lugueros


Dispoñen de sábanas, mantas, calefacción e cociña
equipada.
Requisitos para participar:
Saber esquiar e coñecer as manobras básicas de seguridade
en montaña invernal: Progresión con crampones e piolet.
Prezo
Adianto de 50 € no momento da inscrición
○Custe estimado de 50€/persoa noite no
aloxamento “Casas de Montaña Alto curueño” en
Lugueros
○Aluguer de material quen o precise, consultar no
mesmo aloxamento.

NOTA: Prazas limitadas
Proposto por Víctor Barro

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón