Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece o Firmamento: Perseidas 2022 Manzaneda sábado 13 agosto

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 13 Agosto
Finaliza: 14 Agosto

Coñece o Firmamento: Perseidas 2022 Manzaneda sábado 13 agosto Pernocta social, a noite do Sábado 13 ao Domingo 14, para observar as perseidas, a choiva de estrelas fugaces mais popular do ano. A tarde do Sábado e a mañá do Domingo poden combinarse cuns pequenos roteiros polos arredores Información útil Comezo (lugar, hora…): -Tarde do…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 27 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece o Firmamento: Perseidas 2022 Manzaneda sábado 13 agosto

Pernocta social, a noite do Sábado 13 ao Domingo 14, para observar as perseidas, a choiva de estrelas fugaces mais popular do ano.

A tarde do Sábado e a mañá do Domingo poden combinarse cuns pequenos roteiros polos arredores

Información útil
Comezo (lugar, hora…): -Tarde do Sábado 13 Agosto, refuxio do club en Manzaneda  Material recomendado: -Esterilla, saco durmir, funda vivac, comida e bebida, cámara, prismáticos, telescopio, etc.

Pernocta:a elixir refuxio do Club ou vivac nos arredores

Actividade para todas as idades

Transporte:Coches particulares

¡¡¡Ollo !!, data límite para anotarse 27 de xullo en agosto o Club permanecerá pechado

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinador: Javier Moldes

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón