Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece o material de progresión na escalada clásica (27-28 de marzo) Cañón do Sil(COMPLETA)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 27 Marzo
Finaliza: 28 Marzo
Categoría:

Coñece o material de progresión na escalada clásica (27-28 de marzo)Cañón do Sil COMPLETA Seguimos co COMPROMISO ALPINO, despois de facer unha iniciación a escalada de varios longos con chapas en Budiño e de poñer en práctica unha serie de técnicas para a progresión invernal en Trevinca, chega o momento de empezar a pensar en…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 24 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece o material de progresión na escalada clásica (27-28 de marzo)Cañón do Sil COMPLETA

Seguimos co COMPROMISO ALPINO, despois de facer unha iniciación a escalada de varios longos con chapas en Budiño e de poñer en práctica unha serie de técnicas para a progresión invernal en Trevinca, chega o momento de empezar a pensar en aquelas que queiran iniciarse na escalda clásica ou de longos sen chapas. Para elo faise necesario ter un coñecemento do material a empregar e saber sacarlle partido: colocación de “friends” e entaladores, montaxe de reunións e progresión en artifo básico, serán o obxecto deste coñece.

Información útil
Comezo (lugar, hora…)
Sábado 27: Cañón do Sil, sector Camachuelo(11:00h)
Domingo 28: Cañón do Sil (11:00h)
Transporte: Coches particulares

 Material
As participantes deben contar co material básico: casco, arnés,asegurador/descensor (tipo Reverso ou ATC), cordinos para nós bloqueantes, mosquetóns de seguro (3), cabo de ancoraxe, cinta/as de reunión, 3 ou 4 cintas exprés, pes de gato.
A maiores (as que teñades): cordas de clásica (na súa ausencia cordas de deportiva), friends, entaladores, pedales/estribos (na súa ausencia traede cintas longas para improvisalos)

(Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).

Material xeral recomendado: roupa de abrigo, protección solar,barritas ou comida para pasalo día, auga.

Requisitos para participar:
Día 1: Recomendable escalar en deportiva de primeiro V, ter feito algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar, encordarse ou rapelar.
Día 2: Terán prioridade as inscritas no Programa Compromiso Alpino, e que cumpran co indicado anteriormente, pois trataremos de poñer en práctica o visto o día anterior facendo algúns longos de artifo e por tanto, existe unha limitación de prazas ó número de monitores.

Información técnica
Actividade de escalada
DIA 1
Descripción da actividade a realizar

Faremos unha posta en común do material máis habitual na escalada clásica e na escalada artificial. Manexaredes e faredes prácticas de colocación e de montaxe de reunións.

DIA 2
Descripción da actividade a realizar

Escalaremos algúns longos utilizando o material de progresión e de aseguramento visto o día anterior. O ratio aquí será de 2 ou 3 persoas por monitora, polo que estará supeditada ó número de inscritas e ó número de monitoras coas que contemos (o sábado decidiremos as cordadas)

Nota: Pola situación de pandemia actual, en todo momento deberase de cumprir coas normas AntiCovid establecidas pola administración sanitaria.

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Info:
Coordinador: Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón