Sábado 18 Devesa da Rogueria Doutro Xeito Iniciamos a ruta dende o extremo Este da Serra das Travesas a 1000 msnm para baixar ata o carón da aldea de Moreda. Onde colleremos o camiño que leva a Moreda Maior e dende aquí saír o camiño que parte do Alto do Couto e nos levará…
O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
Ata o Luns 13 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Sábado 18 Devesa da Rogueria Doutro Xeito
Iniciamos a ruta dende o extremo Este da Serra das Travesas a 1000 msnm para baixar ata o carón da aldea de Moreda. Onde colleremos o camiño que leva a Moreda Maior e dende aquí saír o camiño que parte do Alto do Couto e nos levará ata a Fonte de Rogueira. Despoís, baixaremos pola subida típica a Devesa dende Moreda. Unha vez cheguemos a Moreda colleremos un camiño que vai todo pola ladeira sur da Serrá das Travesas ofrecéndonos unhas boas vistas, pasando por un bosque de aciñeiras. Este camiño vainos permitir situarnos sobre a loma da serra e recorrela de oeste – este pasando pola Necrópole Pena do Cuco ata o punto onde empezamos.
Distancia aproximada 15 Km
Desnivel + 900 m
Desnivel – 800 m
PERNOTA NO REFU DA SEARA
As reservas das pernoctas corren por conta de cada un, neste enlace podedes facer a reserva no Refugio da Seara:
Faremos o traxecto polo val do río Selmo. Pasaremos pola Fervenza de Vieiros e logo un Fora Pista ( camiño nada frecuentado) ata Ferramulín. Onde veremos outras fervenzas nada coñecidas.
Distancia aproximada 7 km
Desnivel – 200 m
Se so podes vir un día indicalo en observacions
Material recomendado: calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar, auga e comida para pasar o día.
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade e ter os coñecementos necesarios e a forma física para poder realizala actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinador: Félix
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.
Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón