Courel 12-13 Febreiro A serra do Courel alberga a maior xoia natural de Galicia a Devesa de Rogueira, un bosque autóctono, onde convive a práctica totalidade das especies vexetais naturais de Galicia .http://www.serradocourel.es/home.html Información útil Comezo (lugar, hora…): Quedaremos para empezar a ruta as dez e media na aula de natureza de Moreda Transporte: Coches particulares Material recomendado: Dependendo das condicións climáticas, non sé precisa ningún material técnico …
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 09 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Courel 12-13 Febreiro
A serra do Courel alberga a maior xoia natural de Galicia a Devesa de Rogueira, un bosque autóctono, onde convive a práctica totalidade das especies vexetais naturais de Galicia
.http://www.serradocourel.es/home.html
Comezo (lugar, hora…): | Quedaremos para empezar a ruta as dez e media na aula de natureza de Moreda |
Transporte: | Coches particulares |
Material recomendado: | Dependendo das condicións climáticas, non sé precisa ningún material técnico |
Pernocta: | O Club non fará reservas das pernoctas Recomendamos pernoita en Paderne é de onde sairá o roteiro do domingo |
Día 1 Descripción da ruta
DIA 2 |
A ruta parte da poboación de Paderne do Courel e comezaremos descendendo ata a antiga Ferrería Locay, preto de onde se unen os ríos Pequeno e Lor. Despois o sendeiro comeza a ascender pola ladeira dunha montaña entre vexetación autóctona e cruza un souto de vellos castiñeiros hasta chegar a Mercurín. Posteriormente a ruta continúa ascendendo entre soutos dedicados a produción de castañas que van deixando paso a vexetación baixa, permitíndonos unhas boas vistas panorámicas da Serra do Courel e os seus principais picos, o Formigueiros e o Pía Páxaro. Posteriormente comezaremos a descender pola ladeira do val do río Pequeno ata chegar á aldea de Paderne. Dende aquí descenderemos ata chegar o leito do río. Máis adiante atravesaremos unha serie de edificacións abandonadas chamadas Cabanas dos Carballois e a pouca distancia delas atópase a recuperada Aldea do Mazo. O camiño continúa sen grandes desniveis ata chegar de novo a Seoane, onde a ruta finaliza. |
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:
FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión
Coordinador: Carlos VG