Actividade de espeleoloxía na cova do Melluque, Babia (León)…
Actividade de espeleoloxía na cova do Melluque, Babia (León)
Inscripción
Data límite para a inscripción:
- Martes 16 de outubro mediante o correo [email protected]
- Mércores 17 de outubro no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.
Información útil
Comezo(lugar, hora…): O sábado 20 de outubro ás 07:00 no aparcadoiro da Universidade, en fronte á cafetería Lux.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: funda ou mono exterior, botas, luvas, casco con iluminación eléctrica e baterías de reposto, manta térmica, roupa térmica interior, material de progresión vertical individual. Saco de durmir, material de aseo persoal para o refuxio. E comida e auga para todo o fin de semana.
Pernocta: No refuxio de torrebarrio, podese cociñar no mesmo ou cear na aldea de San Emiliano.
É imprescindible licenza federativa que cubra a espeleoloxía.
Condicións dos participantes: requírense coñecementos técnicos básicos de progresión en cavidades, a cavidade ten unha dificultade media-baixa, con dous pozos verticais. A aproximación ata a boca da cavidade é de aproximadamente dúas horas dende os coches, polo que a esixencia física da actividade é elevada.