Actividade de espeleoloxía na cova Silverto, en Enciña da Lastra…
Actividade de espeleoloxía na cova Silverto, en Enciña da Lastra
Inscripción
Data límite para a inscripción:
- Martes 2 de outubro mediante o correo [email protected]
- Mércores 3 de Outubro no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Debido a que é preciso solicitar un permiso e imprescindible indicar nome, DNI, e tipo de licenza.
Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.
Información útil
Comezo(lugar, hora…): Ás 10:00 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: funda ou mono exterior, botas, luvas, casco con iluminación eléctrica e baterías de reposto, manta térmica, roupa térmica interior. Saco de durmir, esterilla, material de aseo persoal para o refuxio. E comida e auga para todo o fin de semana.
Pernocta: no refuxio da FGE de Cobas. Localización: Cobas-Rubiá de Valdeorras-Ourense, 42.475363 – 6.830989. É gratuito para os federados na FGE, e cun custe de 6 euros/noite para os non federados na FGE.
É imprescindible licenza federativa que cubra a espeleoloxía.
Condicións dos participantes: non se requiren coñecementos técnicos de progresión en cavidades, posto que se trata dunha cavidade sen dificultades.
A aproximación á cavidade tampouco presenta dificultade, de aproximadamente 150 metros dende os vehiculos.