Cupo compreto para esta actividades podes anotarte na lista de agarda Descripción xeral Actividade que pretende percorrer unha cresta das clásicas de Picos. De cotío ascéndese pola normal do Torco, pola súa canaleta este, pero nesta ocasión entraremos pola Horcada do Alba, seguiremos unha vira ata debaixo do ombro do Torco, escalaremos un longo de…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 05 de Novembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Cupo compreto para esta actividades podes anotarte na lista de agarda

Descripción xeral
Actividade que pretende percorrer unha cresta das clásicas de Picos. De cotío ascéndese pola normal do Torco, pola súa canaleta este, pero nesta ocasión entraremos pola Horcada do Alba, seguiremos unha vira ata debaixo do ombro do Torco, escalaremos un longo de III+/IV e alcanzaremos a collada do Torco; onde nace a nosa cresta. O regreso despois da cresta será retornando a mesma Horcada do Alba e polo Mosquil de Cebolleda.
Para o domingo, proponse unha ascensión rápida pola cara noreste a terceira torre dos Tres Poyones, pola vía Los Rebecos (Dsup, IV+, 200m)), para aqueles que queiran aproveitar ao máximo esta ultima visita estival antes do inverno.
Información útil
| Comezo (lugar, hora…): | Refuxio de Vegarredonda (7:00h) |
| Transporte | En coches particulares |
| Pernocta | Pódese durmir nos parkings habilitados para furgonetas existentes en Covadonga, xusto antes de empezala estrada de subida ós Lagos. En Pan de Carmen a normativa do Parque non permite a pernocta. Refuxio de Vegarredonda (nesta época o refuxio atópase sen servizo, deixando un espazo aberto para a pernocta). |
| Material | Material técnico: Día1: casco, arnés, descensor/asegurador (tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe. Corda triple homologación, 4 ou 5 cintas extensibles, e algún friend mediano (segundo o número de participantes axustaranse as cordadas). Día 2: Corda triple homologación, casco, arnés, descensor (tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe, 5 ou 6 cintas extensibles, xogo de Totems, xogo fisureiros, cintas de reunión. (segundo o número de participantes axustaranse as cordadas). (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso). Material xeral recomendado: botas ou zapatillas de trekking, prendas de abrigo, protección solar, mochila de 30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de ataque, alimentos para o vivac, fornelo, frontal, saco de durmir, esterilla, botiquín. |
| Requisitos para participar | Día 1: Atoparse en boa condición física. Ter feito algún “coñece a escalada” e participar nas actividades de Compromiso Alpino. Saber encordarse e rapelar, escalar de segundo de corda mínimo 6a ou de primeiro de corda V. Día2: Ser autosuficiente na escalada de longos en autoproteción, no grao que se reflexa na dificultade da vía (V). |
| Horario previsto Distancia Desnivel (+) Horario previsto | Día1: 8-10h acercamento e arista. Dende Pan de Carmen (km): Total: 20.3 / Ida: 10.5 Desnivel (cumbre 2408 m – inicio 1460 m): 948 m Ascenso acumulado (m): Total: 1220 / Ida: 1160 Día2: 2h de acercamento + 3 – 4h de escalada + 4 h retorno a Pan de Carmen |
Coordinador:
Manuel Veiga, socio e federado do Clube Alpino Ourensán, non é guía titulado, nin se dedica profesionalmente a este ámbito, non cobra polas actividades propostas ou coordinadas xa que non ten unha titulación regulada para poder facelo, pero si presenta unha amplia experiencia como afeccionado no eido da montaña e profesionalmente no campo da docencia. Gosta de adicar certo tempo de lecer a compartir experiencias na montaña cos amigos do CAM baixo a consideración dun guiado benévolo.
Ficha Tecnica (PDF): Actividade tres Marias
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.







