Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Curso de iniciación á escalada

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 12 Marzo
Categorías: ,

O Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza un curso de iniciación a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios. Un curso está orientado a todas aquelas persoas que desexan introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas, encordamento, aseguramento e manexo de sistema de…


O Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza un curso de iniciación a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios.

Un curso está orientado a todas aquelas persoas que desexan introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas, encordamento, aseguramento e manexo de sistema de freno e materiais. Adquirindo os coñecementos e practicando as técnicas a fin de escalar con seguridade vías equipadas de escalada deportiva dun so longo.

O curso está dividido en tres xornadas de dúas horas e media no seguinte horario.

Horario

Días 12, 14 e 21 de marzo de 16:30 a 19:00.

Prazas
Máximo 8 persoas

Material necesario

  • Roupa e calzado cómodo.
  • Pes de gato o que teña, ainda que non son imprescindibles.

O curso inclue todo o material de seguridade.

Inscripción

Apúntate no local social ou en [email protected].

Prezo

  • O prezo do curso é de 15€ para socios do club.
  • Non socios 10€ cuota alta club (serás socio durante un trimestre) + 15€ curso escalada
  • Se non estás federado o seguro de accidentes ten un cueste de 18 € a maiores.

Non inclue a entrada diaria ao Pavillón dos Remedios (3 €/día se non es aboado)

Máis información no local social ou en [email protected]

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón