O Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza un curso de iniciaicón a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios.…
O Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza un curso de iniciaicón a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios.
Un curso está orientado a todas aquelas persoas que desexan introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas, encordamento, aseguramento e manexo de sistema de freno e materiais. Adquirindo os coñecementos e practicando as técnicas a fin de escalar con seguridade vías equipadas de escalada deportiva dun so longo.
O curso está dividido en catro xornadas de dúas horas no seguinte horario.
Horario
Martes 3,10, 17 e 24 de abril de 17:30 a 19:30.
Prazas
Máximo 8 persoas
Material necesario
- Roupa e calzado cómodo.
- Pes de gato o que teña, ainda que non son imprescindibles.
O curso inclue todo o material de seguridade.
Inscripción
Apúntate no local social ou en [email protected].
Prezo
- O prezo do curso é de 15€ para socios do club.
- Non socios 10€ cuota alta club + 15€ curso escalada
- Se non estás federado o seguro ten un cueste de 24 € a maiores (6€/día).
Non inclue a entrada diaria ao Pavillón dos Remedios (3 €/día se non es aboado)
Máis información no local social ou en [email protected]