Contar cuns mínimos coñecementos de orientación capacítannos para poder desprazarnos con seguridade e eficacia no medio natural, ainda que contamos con avanzada tecnoloxía para este fin actualmente, non podemos esquecernos dos métodos tradicionais que en numerosas ocasións seránnos de utilidade. Para calquera montañeiro, escalador, alpinista, sendeirista,… debería ser unha parte fundamental da súa formación. Obxectivo…
Contar cuns mínimos coñecementos de orientación capacítannos para poder desprazarnos con seguridade e eficacia no medio natural, ainda que contamos con avanzada tecnoloxía para este fin actualmente, non podemos esquecernos dos métodos tradicionais que en numerosas ocasións seránnos de utilidade. Para calquera montañeiro, escalador, alpinista, sendeirista,… debería ser unha parte fundamental da súa formación.
Obxectivo do curso
Aprender conceptos, técnicas e tácticas de orientación que nos permitan movernos polo medio natural con seguridade e confianza.
Contidos do curso
- Topografía
- Tipos de mapas e brúxulas
- Interpretación de elementos no mapa
- Manexo da brúxula
- Manexo conxunto de mapa e brúxula
- Traballo de campo
Taller práctico de orientación con mapa e brúxula con introdución teórica e parte práctica ao longo dunha ruta de sendeirismo de dificultade baixa.
Material
- Material típico para unha actividade de senderismo (Roupa e calzado axeitados, mochila, comida e bebida, frontal…)
- Brúxula (no caso de non dispoñer de brúxula non mercala xa que falarase dos distintos tipos)
Horario e prezo
O curso terá lugar o domingo 20 de xaneiro. A duración será dun día.
O lugar posiblemente sexa a zona de Manzaneda, en función das condicións meteorolóxicas.
O prezo do curso é de 25 €. Non inclué o desprazamento.
Prazas limitadas Inscripcións en [email protected].