Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Curso de orientación

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 29 Abril
Categoría:

Contar cuns mínimos coñecementos de orientación capacítannos para poder desprazarnos con seguridade e eficacia no medio natural, ainda que contamos con avanzada tecnoloxía para este fin actualmente, non podemos esquecernos dos métodos tradicionais que en numerosas ocasións seránnos de utilidade. Para calquera montañeiro, escalador, alpinista, sendeirista,… debería ser unha parte fundamental da súa formación.…


Contar cuns mínimos coñecementos de orientación capacítannos para poder desprazarnos con seguridade e eficacia no medio natural, ainda que contamos con avanzada tecnoloxía para este fin actualmente, non podemos esquecernos dos métodos tradicionais que en numerosas ocasións seránnos de utilidade. Para calquera montañeiro, escalador, alpinista, sendeirista,… debería ser unha parte fundamental da súa formación.

Obxectivo do curso
Aprender conceptos, técnicas e tácticas de orientación que nos permitan movernos polo medio natural con seguridade e confianza.

Contidos do curso

  • Topografía
  • Tipos de mapas e brúxulas
  • Interpretación de elementos no mapa
  • Manexo da brúxula
  • Manexo conxunto de mapa e brúxula
  • Traballo de campo

Taller práctico de orientación con mapa e brúxula con introdución teórica e parte práctica ao longo dunha ruta de sendeirismo de dificultade baixa.

Material

  • Material típico para unha actividade de senderismo (Roupa e calzado axeitados, mochila, comida e  bebida, frontal…)
  • Brúxula (no caso de non dispoñer de brúxula non mercala xa que falarase dos distintos tipos)

Horario e prezo

O curso terá lugar o domingo 29 de abril. A duración será de un día.
O lugar está por determinar.
O prezo do curso é de 18 €. Non inclué o desprazamento.

 

Prazas limitadas Inscripcións en [email protected].

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón