Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Curso escalada rocódromo do 21 o 24 outubro

Comeza: 21 Outubro
Finaliza: 24 Outubro
Categoría:

O Club Alpino Ourensán organiza un curso de iniciación a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios. O curso está orientado a todas aquelas persoas que desexan introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas, encordamento, aseguramento e manexo de sistema de freno e materiais. Adquirindo os coñecementos e practicando as técnicas a…

Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Mércores 16 de Outubro mediante formulario web
  • Mércores 16 de Outubro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Realizar inscripción online


O Club Alpino Ourensán organiza un curso de iniciación a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios.

O curso está orientado a todas aquelas persoas que desexan introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas, encordamento, aseguramento e manexo de sistema de freno e materiais. Adquirindo os coñecementos e practicando as técnicas a fin de escalar con seguridade vías equipadas de escalada deportiva dun so longo.

Este curso solo está dispoñible para maiores de idade.
O curso está dividido en catro xornadas de dúas horas no seguinte horario.
Horario:

Del 21 al 24 de Outubro de 20:00h a 22:00h

Prazas:
Máximo 8 persoas
Material necesario
Roupa e calzado cómodo.
Pes de gato o que teña, ainda que non son imprescindibles.
O curso inclue todo o material de seguridade.
Inscripción
Apúntate no local social ou via formulario adxunto.
Prezo:
O prezo do curso é de 15€ para socios do club.
Non socios 10€ cuota alta club + 15€ curso escalada
Se non estás federado o seguro ten un cueste de 24 € a maiores (6€/día).
Non inclue a entrada diaria ao Pavillón dos Remedios (3 €/día se non es aboado)
Máis información no local social ou en [email protected]

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón