Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Descubrindo Mampodre

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 19 Outubro
Finaliza: 20 Outubro
Categoría:

A fin de semana do 19 e 20 de outubro achegarémonos á montaña lonesa no
macizo de mampodre, para realizar dúas actividades montañeiras nesa contorna. …

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 09 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Venres día 18 de outubro, ás 17:30 horas no pavillón dos Remedios, ou sábado día 19 a as 9:00 horas no albergue
de Maraña,xa preparados para o comezo da actividade

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, saco de durmir para o refuxio.

Pernocta: Albergue de Maraña (www.alberguedemarana.com)

Prazas: As prazas están limitadas a 15 participantes.

Custe:

  • Só pernocta: 26 euros ( 13 euros por noite e persoa) .
  • Pernocta + manutención (cea sábado + 2 almorzos) : 45 euros.

IMPORTANTE: O venres cearase de camiño, pois non chegamos ao horario do albergue. PARA CONFIRMAR A ASISTENCIA Á ACTIVIDADE DEBERÁ INGRESARSE O IMPORTE CORRESPONDENTE NA CONTA DO CLUB E ENVIAR O RESGARDO DE INGRESO A [email protected]

Sábado

Circular por mampodre

  • horario10h30′
  • desnivel de subida1800 m
  • desnivel de baixada1800 m
  • distancia horizontal18 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario5

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2019.

Integral de Mampodres: O sábado faremos unha preciosa actividade montañeira que
comeza e acaba no pobo leonés de Maraña e permitiranos coñecer as maiores e
máis cotizados cumes do macizo, en total seis de máis de 2000 metros. Tamén, se o
tempo permíteo, gozaremos dunhas espectaculares vistas de cumes que xa
coñecemos da zona de Picos de Europa, e montañas tan esveltas como Tiatordos,
Pena Ten e Pileñes. Actividade esixente fisicamente pero moi gratificante.

Domingo

Ascensión a peña ten

  • horario7h35′
  • desnivel de subida1080 m
  • desnivel de baixada1080 m
  • distancia horizontal16 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2019.

Circular ao Peñaa Ten: O domingo subiremos ao Pena Ten pola súa esvelta crista suroeste, directos a cume. Desde alí gozaremos dunha bonita vista dos Mampodres,
a nosa actividade do día anterior. Continuaremos a crista pola vertente oposta ata
un punto no que baixaremos directos cara ao val do río Carcedo, que nos conducirá
de volta ao momento de partida no pobo da Uña.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón