Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Descubrindo o río Sor 4-5 xuño

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 4 Xuño
Finaliza: 5 Xuño
Categorías: ,

Actividade infantil/adult@s para a finde do 4 e 5 de Xuño:”Descubrindo o río Sor (Mañón)”. Sábado 4 de Xuño: Faremos sendeirismo todo pola beira do Río Sor duns 12km lineal e case sen desnivel.  Comezaríamos na ribeira do Bispo, estando toda a camiñada rodeados de fragas de ribeira, pasando por diversas áreas recreativas e distintos…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Domingo 15 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Actividade infantil/adult@s para a finde do 4 e 5 de Xuño:”Descubrindo o río Sor (Mañón)”.
Sábado 4 de Xuño: Faremos sendeirismo todo pola beira do Río Sor duns 12km lineal e case sen desnivel.  Comezaríamos na ribeira do Bispo, estando toda a camiñada rodeados de fragas de ribeira, pasando por diversas áreas recreativas e distintos refuxios, onde se pode descansar, xogar, comer…para rematar debaixo da fermosa fervenza de Augas Caídas que verte as súas augas ó Sor.Neste punto estaríamos moi preto do albergue no que pernoctaríamos (alí teríamos algún coche para ir a recoller os do comezo).
Domingo 5 de Xuño (multiactividade): hai opción de outra camiñada moi chula vendo 2 fervenzas (Pozo do Inferno) e un mirador espectacular para contemplar a fermosa costa de Cariño; a 10 min granxa de cabalos (granxa labrada) con paseos; kaiak pola desembocadura do Sor coa empresa: “actividades estaca”, posibilidade para adult@s a 50 min en coche de facer a recén inaugurada “Ferrata do Santo” en Cedeira, sendeirismo polo Camiño do Cantábrico, magníficas praias…
Tanto o venres coma o sábado durmiríamos en albergue:
Abeiro do Sor CP-4401, 15339 Mañón, A Coruña

674 94 28 16 https://g.co/kgs/UjVmXK

Paula, a rapaza que leva o albergue contounos que alí collen 18 persoas e tamén poden entrar ó terreo do mesmo furgos, autocaravanas.

Consta de 2 apartamentos, un para 10 persoas e outro para 8 persoas, ambos con cociña e baño. Non serven comidas. Cada apartamento ten 4 habitacións. O prezos por apartamento son 100 eur a noite e 10 eur máis a partir da segunda persoa. O albergue completo son 300 eur por noite e para reservar hai que adiantar o 25%.
Como o tempo apremia, en aras de facer canto antes a reserva para non perder o sitio de durmir, pedímosvos que confirmedes a asistencia antes do domingo 15 de maio; en observacións poñede se queredes durmir no albergue; No momento en que haxa 18 persoas anotadas teredes que enviar 10 eur/persoa para facer a reserva (que se restará ó prezo final).
Tamén hai outras opcións pola zona de pernocta pero eso xa sería por conta de cada soci@.

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón