Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a escalada Budiño 7 Marzo 2020

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 7 Marzo
Categoría:

Coñece a escalada no Faro de Budiño DATA: Sábado 7 de marzo de 2020 “Coñece a escalada” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver coa escalada. Incluimos polo tanto todos os ingredientes que deben de ter este tipo…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 04 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece a escalada no Faro de Budiño

DATA:
Sábado 7 de marzo de 2020

“Coñece a escalada” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan
aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que
teñen que ver coa escalada. Incluimos polo tanto todos os
ingredientes que deben de ter este tipo de actividades, facendoo con total
seguridade e aproveitando a experiencia dos membros do club.
A nosa proposta é a de achegarnos a escalada deportiva na escola de escalada
do Faro de Budiño en Porriño.

Especialmente destinada a persoas que aprenderon a escalar recentemente, que
fixeron o curso de escalada ou que queren retomar e desoxidarse.

Data límite para a inscripción
Mércores 4 de marzo as 21h

Información útil


●Saída do pavillón dos remedios de Ourense o sábado 7 de
marzo as 9.00h
●Desplazamento en vehículos particulares .
●Chegada estimada a Ourense as 20.30h.

NOTA: Se vas a zona de Escalada pola tua propia conta,
quedamos a las 10.30 en el aparcamento do parque forestal
dp Faro de Budiño: https://goo.gl/maps/iPcK9HG8q1h1pgLy6
Transporte:
Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.

Material recomendado:
●Material necesario facilitado polo clube: Material de
seguridade, arnes, corda, sistemas de freno e casco.
●Material recomendado: As participantes deben contar
con calzado cómodo e roupa de abrigo.
Preferentemente pes de gato.
●Comida e auga para o día: froita, barritas enerxéticas,
doces, algún pincho lixeiro por exemplo. E auga.

Requisitos para participar:
Coñecer as manobras básicas de seguridade en escalada
deportiva (Asegurar a un primeiro ou segundo e saber escalar
de primeiro e segundo).
Ou ter feito o curso de escalada do Clube Alpino Ourensan
Prezo :
○16 € para o público en xeral
○10 € para persoas federadas
○Gratuita para persoas socias e federadas.

O prezo inclue o aluguer de material o seguro de
responsabilidade civil e de accidentes así como a cuota
asociativa do primeiro trimestre no club.( os que non sexan socios deberán facerse antes do 26 de febreiro para que nos de tempo de facer os trámites oportunos)

Faite socio

Coordina: Víctor Barro

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón