Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de escalada deportiva na zona de Quirós

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 25 Maio
Finaliza: 26 Maio
Categoría:

Preténdese dar a coñecer este entorno de escalada asturiano, a todos aqueles que non a coñezades eseguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos lugares e vías de calidade. Poderedes aproveitar a presencia de xente do clube coñecedora destas paredes que vos poderá suxerir e montar algunha vía. Trátase dunha zona de escalada un tanto olvidada polos escaladores que buscan graos elevados en favor da súa irmá máis próxima Teverga, pero que no seu momento foi punteira e que sen dúbida, fará as delicias do escalador primerizo ou dos de grao medio.A escalada en Quirós ven de lonxe, xa nos anos 60 empezábase a apretar por estes verdes lares. Isaac Montes “Nano” chegou por alí nos anos 90 e comenta: “.. aquí encontramos nuestro sitio. Un lugar donde se aprende. Una Escuela de escalada. Un lugar donde perderse y también donde encontrarse. El lugar donde escalábamos, el lugar donde juntos, celebrábamos la vida” (Boza, 2014, p. 177).


Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Mércores15 de Maio mediante formulario web

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Realizar inscripción online

Información práctica

Comezo(lugar, hora…): O día 25 as 7:00h no Pabellón dos remedios. Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada. Tamén é posible quedar directamente en El Llano no caso de querer sair antes. (Indicar na folla de inscripción se dispón de coche e número de prazas que pode compartir así como o día de saída) .

Requisitos mínimos para participar: ter realizado algún curso de iniciación á escalada ou algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar e encordarse.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

N.º de participantes: en función do material dispoñible no clube e das prazas nos vehículos.

Comida e auga para o día de escalada: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo e auga.

Pernocta: Os interesados en aloxamento indicádeo no momento da inscripción e a modalidade (MP,dormida con ou sin almorzo) e tratarase de xestionar un aloxamento no albergue de Arrojo que atópase a uns 5 km da zona de escalada. A pernocta neste albergue sería en habitación compartida en literas cun precio duns 11€/persoa con almorzo e de 17€/persoa en réxime de MP(cea + almorzo). Trátase dun albergue municipal polo que as prazas son poucas, a outra posibilidade e reservar no Refugio del Llano,dependiente de la Federación de Montaña do Principado de Asturias, neste caso trataríase de habitación compartida de 26 prazas o prezo é variable dependendo do número de reservas.

Observacións: A aldea de El Llano é o punto de partida para subir ós sectores de escalada, é onde atópase o refuxio da federación, pero as súas reducidas dimensións fai que aparcar alí é prácticamente imposible polo que súbese cos coches ata El Llano, para descargalo material e a xente e logo hai que baixalos ata a Aciera (a Garda Civil multa a quen estacione nas beiras da pista que une a Aciera co El Llano). Súbese andando dende o aparcadoiro do bar de Aciera, aproximadamente son 10 minutos.

Información técnica

Material necesario facilitado polo clube: O clube pode facilitar un número limitado de material (indicar na inscripción que se precisa).

Material recomendado: As participantes deben contar con calzado axeitado (pes de gato), roupa de abrigo,protección solar e o material de escalada propio en caso de telo: arnés, casco, cintas express, sistema defreo, corda.

Orientación: Sectores de tódalas orientacións, a partir das catro da tarde teremos sombra no verán.

Rocha: Caliza de gran variedade de rutas e de tódolos graos.

Tipo de escalada: Recorridos técnicos donde a intuición e os movementos a esquerda e dereita pola parede, levaranos a atopar a combinación máis axeitada para resolver a cadea. Tamén atoparemos desplome.

Croquis: Na páxina do “Maquis”: http://www.elmaquis.net/escaladas/webesdeportiva/quiros-llano.htm en formato pdf os podedes descargar aquí: http://www.piratasfree.org/crokis/asturias/quiros.htm

Publicacións:

  • (Boza, Alberto. 2014) Escalada deportiva en la Cordillera Cantábrica.
  • (Adrados, Miguel A. 2005) Cordillera Cantábrica escaladas selectas en roca.
  • (Puente, Esaú 2013) Escalada deportiva Asturias.
  • (Patterson, Richie 2015) Roca Verde. Escalada deportiva en la Cordillera Cantábrica: Asturias, Cantabria &León.

Coordinador

Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Escalada.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón