Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de escalada deportiva na escola de Valdehuesa.

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 27 Abril
Finaliza: 28 Abril
Categoría:

Inscripción As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación. Data límite para a inscripción: Martes 16 de Abril mediante formulario web ou correo [email protected] Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como…


Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información práctica

Comezo(lugar, hora…): O día 25 ás 7:00h no Pabellón dos remedios. Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada. Tamén é posible quedar directamente no El Llano no caso de querer sair antes. (Indicar na folla de inscripción se dispón de coche e número de prazas que pode compartir).

Requisitos mínimos para participar: ter realizado algún curso de iniciación á escalada ou algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar e encordarse.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

N.º de participantes: en función do material dispoñible no clube e das prazas nos vehículos.

Comida e auga para o día de escalada: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo e auga.

Pernocta: En Boñar hai múltiples posibilidades de aloxamento. O Camping municipal non está aberto nesas datas. Pódese durmir en furgo na área recreativa de Boñar ou con discreción nun merendeiro perto da escola (se estades interesados preguntáde na inscripción). Os interesados en aloxamento indicádeo no momento da inscripción e tratarase de xestionar un aloxamento no albergue de Fuente del Oso, situado en Aviados a 14 Km, a pernocta neste albergue sería en habitación compartida en literas cun precio duns 15€/persoa con almorzo e de 25€/persoa en réxime de MP(cea + almorzo).

Información técnica

Material necesario facilitado polo clube: O clube pode facilitar un número limitado de material (indicar na inscripción que se precisa).

Material recomendado: As participantes deben contar con calzado axeitado (pes de gato), roupa de abrigo e o material de escalada propio en caso de telo: arnés, casco, cintas express, sistema de freo, corda.

Orientación: Sectores preponderantemente de orientación sur.

Rocha: Caliza de gran variedade de rutas e de tódolos graos.

Tipo de escalada: Recorridos técnicos de resistencia, mézclanse con placas tumbadas. O uso dunha boa xestualidade de pes farase notar.

Croquis: http://escaladaleon.blogspot.com/p/croquis-valdehuesa.html

Publicacións: (Boza, Alberto. 2014) Escalada deportiva en la Cordillera Cantábrica.
 

Coordinador

Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Escalada.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón