Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Escalada na Peña del Pincuejo

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 15 Xuño
Finaliza: 16 Xuño
Categoría:

A todas e todos aqueles interesados en dalo salto da escalada deportiva a escalada de varios longos en terreo de aventura e que vos permitirá acadar eses cumes soñados ¡Alpinismo!

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Martes 04 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información práctica

Comezo(lugar, hora…): O día 15 ás 8:00h no Pabellón dos Remedios. Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada. Tamén é posible quedar directamente en Caldas de Luna ás 11:00 no caso de querer saír antes. (Indicar na folla de inscrición se dispón de coche, a data de saída e número de prazas que pode compartir).

Os participantes deben contar co material de escalada básico: arnés, casco, cintas express (mellor se son longas ou extensibles), asegurador/descensor (tipo Reverso ou ATC), cordinos para nós bloqueantes, dous ou tres mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe.

Material recomendado a aportar (non é imprescindible pero o clube ten un número limitado deste material): corda dobre (se cóntase con corda de deportiva traela e tamén gri-gri), entaladores, friends, cinta ou cordino para reunións. (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso). 

Material xeral: roupa de abrigo lixeira, protección solar, mochila de 20-30L (lixeira e que permita escalar con ela), cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de ataque, frontal.

Requisitos mínimos para participar: Escalar de primeiro de corda en rocha, como mínimo, 6a. Saber rapelar e asegurar con placa.
Para os que estades comenzando no clube a escalar, en breve organizaremos un coñece a escalada de varios longos, onde poderedes poñer en práctica certas manobras necesarias para afrontar con seguridade a escalada de varios longos en vías equipadas.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Pernocta: Refuxio de Torrebarrio. Liteiras corridas (imprescindible levar saco), conta con zona onde poder cociñar e hai ducha. Custe: 5€/noite e persoa

Desenrolo actividade

A proposta para o primeiro día é escalar como segundos de corda e practicar montaxe de reunións, técnica de progresión e material, rápel auto-asegurado, estratexia e recursos en parede. 

O segundo día poderase escalar como primeiro de corda para poñer en práctica os aspectos desenvolvidos o día anterior, pero neste caso colocando o material de progresión.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón