Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Escalada Quirós 17-18 Xullo

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 17 Xullo
Finaliza: 18 Xullo

ESCALADA EN QUIRÓS A xente que forma parte do Compromiso Alpino vai esta esta fin de semana a escola de escalada deportiva de Quirós coa intención de practicar e coller soltura na escalada de vias equipadas de varios longos. Se queres acompañarnos estás invitada. Ponte en contacto con nos a través neste enlace de Telegram:b…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

ESCALADA EN QUIRÓS


A xente que forma parte do Compromiso Alpino vai esta esta fin de semana a escola de escalada deportiva de Quirós coa intención de practicar e coller soltura na escalada de vias equipadas de varios longos.

Se queres acompañarnos estás invitada.
Ponte en contacto con nos a través neste enlace de Telegram:b https://t.me/VictorBarro

(E non esquezas anotarte no formulario e cubrir a declaración Covid e enviarla por mail a [email protected])

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)

Quirós é unha escola de escalada con moita solera, unha clásica en Asturias.

https://maps.google.com/?cid=18397452202762368095&entry=gps

Consideradas hoxe en día de vias fáciles (en xeral) onde predomina as placas verticais nunha caliza de extraordinaria calidade. Máis de 20 sectores e máis de 250 vías permiten que escalar en Quirós poida estar ao alcance de escaladoras de calqueira nivel.

Debes ter en conta que as cordadas que se unan deben de ser autónomas en vias de este tipo e contar con material propio.

Nos quedaremos no Albergue de Arrojo durante a fin de semana e escalaremos sábado e domingo. Se queres unirte escríbenos.

Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón