Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Escalada no Barbanza 9-10 abril

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 9 Abril
Finaliza: 10 Abril
Categoría:

Quedada de escala no Barbanza (Pedra Serpal e Castro de Baroña) Actividade na que podemos escalar o día 9 na Pedra Serpal e o 10 no Castro de Baroña. Día 9 Pedra Serpal Para acceder a Pedra Serpal podemos facer unha pequena ruta de sendeirismo en vez de realizar o acceso cos coches pola pista…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 06 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Quedada de escala no Barbanza (Pedra Serpal e Castro de Baroña)

Actividade na que podemos escalar o día 9 na Pedra Serpal e o 10 no Castro de Baroña.

Día 9 Pedra Serpal

Para acceder a Pedra Serpal podemos facer unha pequena ruta de sendeirismo en vez de realizar o acceso cos coches pola pista de terra que sube dende a careteira principal.

Ligazón ca localización en Google Maps: Devesa

O sendeiro é moi fácil polo que podese acortar ou alongar. Deixaremos o co he e iremos andando ata a zona de escalada que se atopa na metade do recorrido. Podemos subir o material de escalada nalgún coche de apoio á actividade.

Ruta de sendeismo: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/arzon-carballoso-pedra-serpal-insua-arzon-64442789

A rocha da escola é de granito, con pitóns similar a escalada no Faro de Budiño, sendo as vías de non moita altura (14m as mais altas). A dificultade entre o V+ e o 7c+. A maioría das vías equipadas con parabolt pero hai algunhas excepcións que se poden escalar en clásica (dúas fendas moi recomendables).

Escola Pedra Serpal: https://rsuarezcarballo.wixsite.com/caminodeaventura/pedra-serpal

Vídeo:

Día 10 Castro de Baroña

Actividade non guiada (actualización)

Zona de escalada nun marco incomparable. A rocha e granito, bastante abrasivo. O grado varía entre o IV e o 7c sendo unhas 59 vías aproximadamente as equipadas cunha altura media de 12 metros, sendo a máxima altura de 18 metros. Hai que ter en conta o periodo das mareas e o estado do mar posto que en días no que este está forte pode chegar a salpicar no pe de vía do sector principal.

O tipo de escalada é deportiva en todas as súas vías. Todas equipadas con anclaxes químicos.

A seguinte ligazón inclúe croquis realizados polo principal equipador/reequipador (X.M. Otero.

Croquis: Castro.de.Baronha_Vías_X.M.Otero

 

Importante: Levar auga.

Transporte: Coches particulares

Bibliografía: Guía de Escalada de Galicia (Rocha Nai)

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Durmir: Posibilidade de durmir no camping Punta Batuda o sábado, aqueles que queran realizar a actividade do domingo. Deberán reservar.( o Club non xestionará as pernoctas) Camping: http://puntabatuda.com/

Prezo: A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas

Coodinador: Indi

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón