Para os días do 8 ao 11 de decembro propoñemos unha actividade de espeleo en Ramales de la Victoria (Cantabria).…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Xoves 01 de Decembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Descripción da actividade
Para os días do 8 ao 11 de decembro propoñemos unha actividade de espeleo en Ramales de la Victoria (Cantabria).
Para participar é preciso ser autónom@ en técnicas de progresión vertical, e ter a licencia deportiva en vigor que cubra a espeleoloxía.
Data límite para a inscripción
1 de decembro
Información útil
- Comezo (lugar, hora…): Saída de Ourense, o 8 de decembro ás 08:00 (chegada aproximada a Ramales ás 14:00). Regreso o 11 de decembro.
- Transporte: medios propios.
- Posibles cavidades a visitar (as covas, e o punto ata o que se progresará decidirase en función do nivel das persoas participantes):
- La Gándara
- Mortero de Astrana
- Cueva Mur
- Coventosa
- Cueva Fresca
- Pernocta: existen varios albergues e hostais na zona, e zona para autocaravanas; cada participante xestionará a súa pernocta. En Ramales hai un albergue (https://elalberguederamales.com/)
- Material necesario:
- Comida e auga para cada día de actividade (hai supermercados onde poder mercar en Ramales)
- Roupa térmica, funda de espeleo, luvas, calzado adecuado (botas de goma ou de trecking con bo agarre en superficies húmidas), casco con iluminación, equipo de vertical.
- Saco de durmir, neceser, chinelas, etc.
- Actividades alternativas: se o tempo acompaña, e a alguén lle apetece, tamén hai varias vías ferratas e escola de escalada deportiva
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:
A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinadora: Estefanía