Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Espeleoloxia en Cueva Cortiñas

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 3 Marzo
Finaliza: 4 Marzo
Categoría:

Cova no pobo de Las Herrerías – Concello de Vega de Valcarce (León). A uns 40 minutos do refuxio, cunha aproximación a boca duns 15 minutos.…


Cova no pobo de Las Herrerías – Concello de Vega de Valcarce (León). A uns 40 minutos do refuxio, cunha aproximación a boca duns 15 minutos.

Ten un desenvolvemento total de 1.030 m e un desnivel total de +24/-14 m.
O domingo pola mañán iremos cara a cova para explorala. A tardiña voltaremos ó refuxio para recoller e voltar para Ourense.

Inscripción: Data límite para a inscripción:

  • Martes 27 de febreiro mediante o correo [email protected] ou formulario
  • Mércores 28 de febreiro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída.

Saída(lugar, hora…): Sairemos o sábado 3 pola tarde dende o Pabellón dos Remedios para irmos ata o refuxio de Cobas e instalarnos alí. O horario de saída concretarase cos participantes uns días antes.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Funda ou mono de traballo, botas de auga, casco con iluminación, lubas. Saco de durmir, esterilla, e roupa de recambio.

Cada un levará a súa comida para pasala finde.

Pernocta: no refuxio da Federación de espeleoloxía en Cobas (Barco de Valdeorras)

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón