Actividade cancelada por falta de neve “Coñece o esquí de montaña” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver co esquí, socias ou non socias. Incluimos polo tanto todos os ingredientes que deben de ter este tipo…
Actividade cancelada por falta de neve
“Coñece o esquí de montaña” é unha actividade organizada polo Club Alpino Ourensan aberta a todas as persoas que queiran iniciarse nas actividades na natureza que teñen que ver co esquí, socias ou non socias. Incluimos polo tanto todos os ingredientes que deben de ter este tipo de actividades, facendoo con total seguridade e aproveitando a experiencia dos membros do club.
En Manzaneda nace o esquí en Galicia e queremos voltar alí como foran aqueles pioneiros, sen contar coas pistas nin cos remontes. Aproveitaremos o refuxio do Club Alpino Ourensan para pasar unha noite a beira da cheminea e sair cedo pola mañán monte arriba para disfrutar do esquí sobre a a neve virxe nas ladeiras de Manzaneda.
Plan
Saída do pavillón dos remedios de Ourense o venres 22 de febreiro as 20.00 h
Desplazamento en vehículos particulares (imprescindible levar cadenas).
Comezo da ruta as 9,00 h dende o Refuxio de Pena do Caldeiro, Refuxio de Manzaneda.
Chegada estimada a Ourense as 20.30h.
Información técnica
Percorrido aproximado: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/estacion-cabeza-de-manzaneda-cabeza-de-manzaneda-cima-3331410
Lonxitude da ruta: 8 km, 300m de desnivel
Material: As participantes deben contar con todo o equipo de esquí de montaña.
Información práctica
Traer cea para a noite do venres.
Para durmir: Saco de durmir.
Comida para a ruta: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo. E auga.
Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.
Prezo:
- 16 € para o público en xeral
- 10 € para persoas federadas
- Gratuita para persoas socias e federadas.
O prezo inclue o seguro de responsabilidade civil e de accidentes así como a cuota asociativa do primeiro trimestre no club.
Inscripción
Apúntate en [email protected]
Data límite para anotarse: Martes 19 de febreiro as 21h
Organiza a actividade: Víctor Barro