Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Exploración Val das Mouras. Domingo 26 de setembro 2021

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 26 Setembro

Exploración Val das Mouras. Domingo 26 de setembro 2021 O Val das Mouras atópase na parroquia de Seoane do Courel entre Mercurín e a de Ferrería Vella, e conta cunha extensión de cinco hectáreas onde a auga fixo incribles covas rodeadas de musgo, onde hai moitos anos chegaron mesmo a vivir persoas dentro delas, de…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Exploración Val das Mouras. Domingo 26 de setembro 2021

O Val das Mouras atópase na parroquia de Seoane do Courel entre Mercurín e a de Ferrería Vella, e conta cunha extensión de cinco hectáreas onde a auga fixo incribles covas rodeadas de musgo, onde hai moitos anos chegaron mesmo a vivir persoas dentro delas, de aí o nome Valle dos Mouros ou Mouras.

Recibimos o Outono penetrándonos na acuarela de cores que nos ofrece a paisaxe do Courel. Comezaremos a xornada explorando o misterioso Val das Mouras, para seguir descubrindo a evolucion xeolóxica das covas e a súa integración na paisaxe.

Data límite inscrición:
Mércores 22 de Setembro

Comezo/Lugar:
Domingo 26 de setembro, O Courel.
Lugar e hora de quedada determinarase no grupo de whatsapp que se faga para a actividade

Percorrido;
4 km en total, desnivel acumulado aproximado 400 mts.

Actividade interedad apta para nenos.

Equipo recomendado:
-Mochila, comida e bebida para o día, gorra, vestimenta e calzado adecuado. Pau de explorador/bastóns.
-Compás.

Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID: FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)

Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Coordinador actividade: Javier Moldes

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón