Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo : Fervenza de Augacaída 15 xaneiro

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 15 Xaneiro
Categoría:

Sendeirismo : Fervenza de Augacaída 15 xaneiro O atractivo que a Ribeira Sacra ten para calquera viaxeiro, non o imos descubrir nos. Para aproximarnos a ela, sirva como unha pequena pincelada, algúns datos. Os primeiros monxes chegaron aquí, a partir do século V a VII, fundando numerosas ermidas e mosteiros, e adicándose o cultivo da vide e…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 11 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Sendeirismo : Fervenza de Augacaída 15 xaneiro

O atractivo que a Ribeira Sacra ten para calquera viaxeiro, non o imos descubrir nos. Para aproximarnos a ela, sirva como unha pequena pincelada, algúns datos. Os primeiros monxes chegaron aquí, a partir do século V a VII, fundando numerosas ermidas e mosteiros, e adicándose o cultivo da vide e da castaña. Parece ser que foi a raíña Teresa de Portugal a primeira, que en 1124 se refire a esta zona como Rivoyra Sacrata no documento fundacional do mosteiro de Montederramo.
Nesta ocasión percorreremos unha parte da Ribeira Sacra do Miño, nos municipios de O Saviñao e Pantón, faremos unha ruta na que disfrutaremos da natureza, da historia e da cultura etnográfica desta zona. Camiñando por carreiros e camiños tradicionáis, anderemos entre bosques, viñedos e regatos, sen esquecer a continua presenza do Río Miño.
Dende o punto de vista arquitectónico destacan os templos románicos de San Martiño da Cova e a Eirexa de Santo Estevo de Atán (declarados monumentos histórico-artísticos). Dentre as diferentes aldeas que veremos, destacan Seoane (en vías de
recuperación) ou as de Atán, Arxuá ou Marcé, co seu castro ubicado nunha paraxe de vistas espectaculares (Miradoiro das Maravillas). Temos tamén outros atractivos, como a Fervenza de Augacaída, no Rego de Aguianza, duns 40 m de altura ou os
viñedos da Maiorga, co seu pantalán.
A ruta será de arredor de 20 km, con preto de 1.000 m de desnivel de subida e 800 de baixada. Farán falla arredor de 7 horas.
Os carreiros e camiños están con moita humidade e son esbaradizos, en ocasións son verticáis e/ou escalonados, na zona da fervenza teremos tamén alguhas escaleiras con pasamáns; por iso, antendendo a todos estes aspectos, podemos calificala como
un tanto dura. Na clasificación MIDE: 2-2-3-4.
Medio: Máis de un factor de risco, 2
Itinerario (orientación): Ten traza e sinalización,2
Desprazamento (dificultade): Ten en parte sendas escalonadas e diferentes firmes, 3
Esforzo: Serán máis de 6 h e sobre 1.000 m desnivel de subida e 800 m de baixada, 4

Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña ,para esta ruta recomendamos o uso de bastóns, frontal, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.

Lugar e hora de inicio: Domingo 15xaneiro no aparcadoiro da Universidade as 9:00h

Roteiro lineal, polo que deixaremos coches o inicio e o fin da ruta

Estacionamiento inicio ruta. Iglesia de San Martiño o da Cova:
https://maps.app.goo.gl/XGaZMrzgb5y4T69H9

Estacionamento final de roteiro, onde deixaremos a metade dos coches:
https://maps.app.goo.gl/W6UjknLxTrML21MM7

Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinadores: Carmela e Quique

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón